luns, 15 de xuño de 2020

Alfombras florais no CPI As Mirandas

Nenos e nenas! Pais e nais!

Danos moita ledicia o poder partillar este traballo marabilloso que fixo toda a comunidade educativa do noso centro. Parabéns a tódolos participantes e ás súas familias! Déixovos o resultado do vídeo feito polas compañeiras do proxecto Erasmus+ e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.


Moi bo traballo e dende a aula de música deséxovos unhas ben merecidas vacacións!

xoves, 11 de xuño de 2020

Actualización do blog - Tódolos cursos

Algúns de vós xa me enviastes a música para compartir, tedes esta semana para seguirme enviando propostas musicais ao correo olallaperez@cpiares.com. Segundo me vaiades enviando, irei actualizando o post anterior.

Anímovos de novo a participar na actividade proposta por todo o profesorado do CPI As Mirandas sobre as alfombras florais. Tedes ata mañá!! Moito ánimo!!

Moi boa semana e que a música vos acompañe!

domingo, 7 de xuño de 2020

Música para compartir - Todos


Bos días a todas e todos!!

Comezamos esta penúltima semana do curso partillando a música que me estades a enviar.

  • A primeira peza escolleuna David López de 4ºB: "A canción é de Aitana, unha rapaza que foi concursante de Operación Triunfo, e dun grupo que se chaman Reik.
Gústame porque o videoclip é de debuxos e contan como unha historia de que a xente non podía tocar os instrumentos de música e a superheroína arreglounos para que puideran tocalos."
 
  • A seguinte peza é partillada por Khadija de 4ºA: "Esta canción se llama "Mucho más allá", cantada por David Bisbal. Me gusta porque forma parte de una película que me gusta mucho, Frozen 2, película estrenada en 2019." 
  •  
 
  • Dende 1ºB, Lara Vidal recoméndanos "Perdiendo la cabeza, me gusta mucho porque es muy pegadiza. Cuando la escucho me pongo muy contenta."

  • Ane, de 3ºB, envíanos o Rap de Vegeta, e coméntanos que lle gusta porque "fala dunha personaxe cun pasado oscuro e ninguén o entende. É unha personaxe de Dragon Ball".

  •  Uxía de 3ºA recoméndanos "Volar, de Álvaro Soler, porque a fai sentir libre!"

  • Carla, de 3ºB, envíanos a peza de DUA LIPA que se titula IDEGAF porque "gústame moito o baile e o ritmo!".
                            
  • Ero, tamén de 3ºA, partilla connosco "A cancion Thousand foot kructh do grupo Courtesy call. Gústame porque ten bo ritmo e é rapida, é de musica disco e rock e me fai sentir ben."
  • Dende 4ºB, Jose Miguel coméntanos: "La canción que escogí es una obra del grupo español Dúo Dinámico que cantaron junto con Luis Cobos. Me gusta porque durante el confinamiento todos los días a las 8 de la tarde, los vecinos por el balcón ponían diferentes versiones cantadas por otros cantantes para agradecer a los sanitarios la labor que hacían y nos teníamos que resistir a coger el COVID-19. (...) Un aspecto que me encanta del videoclip es la forma de bailar del Dúo Dinánimo y en el estribillo de la canción las caras que pone Luis CObos. ¡Espero que os guste también a vosotros!"

  •  Samuel de 2º enviome unha listaxe de reprodución ben surtida, mais escolle a seguinte peza: Will you be there, do gran Michael Jackson:
  • Hugo Fonte de 3ºA recoméndanos "Samba da Bahía de Carlinhos Brown. Me gusta está canción porque tiene mucha marcha y me pone muuuuy contento. Y me gusta mucho como suenan los instrumentos!".

  • Dende 3ºA, David Brage envíanos a peza The rithm of the night: "Esta es la cancion que me gusta. Es moderna. Y  tiene un ritmo que me gusta."

  •  Tamén dende 3ºB, Noa dinos "me gusta esta canción  mucho porque me produce alegría me levanta el ánimo y me dan siempre ganas de bailar. " Ahí vai "Madre tierra" de Chayanne!
  •  Hugo Martínez, de 3ºB, achéganos esta peza de Carlos Vives e Shakira, "A bicicleta", porque
    "Me gusta esta canción porque es alegre y me pone contento, también me gusta mucho el baile que hacen. "  Boa elección, Hugo!

    - Dende 2º, Lis Rodríguez coméntanos: "La canción que escogí es Vois sur ton chemin, de la película Los niños del coro. Es una canción cantada en francés, y me gusta el acento francés. Es un coro en el que cantan niños, y me gustan sus voces porque son muy dulces."

    • Dende 1ºA, Pedro nos recomenda o cd de Fíos do querer, libro-disco que traballamos na aula e que ten cancións moi pegadizas. Especialmente lle gusta a peza de "Bos días" porque ... "É moi marchosa e pode asubiar!" Moi ben Pedro!! A moitos de nós tamén nos encanta asubiar!!
    https://www.youtube.com/watch?v=-odtPK7jaOI&feature=youtu.be
 
  • Lucas Seijo, de 4ºB escríbenos: " yo escogí una canción de mi cantante favorito, Michael Jackson, porque me gustan mucho sus canciones y me encanta como baila, era un crack.
    La canción es la de speed demon porque el vídeo mezcla realidad y animación y está que te partes." Boa elección, Lucas!!

     
    • Tamén dende 4ºB, Yaiza nos recomenda a peza de:
    https://www.youtube.com/watch?v=60ItHLz5WEA 
     
     

venres, 5 de xuño de 2020

Alfombras florais


Nenas e nenos, nais e pais! Déixovos aquí a información para a participación nas "Alfombras florais " caseiras que se nos propón dende a escola. Animádevos a participar! 
Recórdovos tamén que o Concello de Ares anímanos a decorar os nosos balcóns e fiestras con flores para o día 14 (o día no que se celebraría esta preciosa festa).

Boa fin de semana!!

luns, 1 de xuño de 2020

Tódolos cursos - Semana do 1 de xuño

Ola a todas e todos!

Proposta musical para todas e todos!!

Para ir rematando este curso, gustaríame que partillaramos unha das nosas cancións favoritas. Algúns de vós tedes moitas pezas no voso diario musical, podedes coller unha delas se vos apetece, ou buscar unha nova. Así que a proposta é:

Pensar en cales son as vosas cancións favoritas, anotalas nun papel, escoitalas e escoller unha delas. A continuación, enviádeme o enlace do youtube ao mail. Podedes facer un pequeno texto de por que vos gusta esta peza. Se queredes tamén podedes explicar un pouco a música ou algún aspecto que vos guste dela. Según me vaiades enviando, ireinas colgando no blog.

Mais... que mellor que enteder esta proposta que facendo eu unha, así que ahí vos vai!

A canción que escollín é unha obra dun grupo estadounidense chamado "Death South". Gústame porque me encanta asubíar e comeza con iso, un asubío. Ademais, o grupo soamente emprega dous instrumentos, o violonchelo (que o agarra dun xeito totalmente diferente ao que estamos acostumados) e un banjo, ademais de dúas voces masculinas. Ten dúas partes superdiferenciadas, que se poden ver mellor co baile dos dous cantantes. Outro aspecto que me encanta da peza é o videoclip: aparecen facendo o baile simpliño en diferentes escenarios (ata dentro dunha fonte!!!). Espero que vos guste tamén a vós! - Mestra Olalla

https://www.youtube.com/watch?v=B9FzVhw8_bY 

Kahoot

Algúns de vós tivestes problemas para facer o Kahoot. Déixovos de novo os links por cursos.

1º e 2º: https://kahoot.it/challenge/09039144?challenge-id=b32b0f3c-f86e-4b0f-923b-ec5da6795a51_1590503259161

https://kahoot.it/challenge/02386727?challenge-id=b32b0f3c-f86e-4b0f-923b-ec5da6795a51_1591008281784 

 3º e 4º:  https://kahoot.it/challenge/09338080?challenge-id=b32b0f3c-f86e-4b0f-923b-ec5da6795a51_1591008147399


Espero que esteades todos e todas moi ben e que teñades boa semana!! 

mércores, 27 de maio de 2020

Música coronavírica!!!

Comezamos a partillar unha serie de pezas ás que o alumnado de 5º lle puxo letra, cantou e bailou.

A primeira é: YO CONTIGO, TU CONMIGO, versión de MANU RIVEIROS (letra e voz!!) sobre o tema famoso de Álvaro Soler. A letra está xusto debaixo do vídeo. Xa veredes que pegadiza é esta fabulosa letra!!

 
 ¿Por qué por qué por qué?
Yo me siento raro y no sé porque
Necesito salir no aguanto ya mas así
siento siento siento
que no hago nada y pasa el tiempo
que el mundo ahora paro

Y aunque ahora no pueda salir
Cuando acabe todo esto
Nos encontraremos otra vez
viviremos nuevos sueños
yo contigo tu conmigo
y haremos todo esto cuando vayamos a salir
vamos a pasarlo mejor
yo contigo tu conmigo

Gon gon goro gon gon
Que va a ser mi gon gon goro gon
Gon gon goro gon gon
Que va ser mi gon gon goro gon gon
¿Por qué por qué por qué?
aguantaremos hasta dentro mes
somos fuertes lo se yo lo demostrare
siento siento siento
que yo no hago nada y pasa el tiempo
que el mundo ahora paro
 

Y aunque ahora no pueda salir
cuando acabe todo esto
nos encontraremos otra vez
viviremos nuevos sueños
yo contigo tu conmigo
y haremos todo esto cuando vayamos a salir
vamos a pasarlo mejor
yo contigo tu conmigo

Gon gon goro gon gon
que va ser mi gon gon goro gon gon
gon gon goro gon gon
que va ser mi gon gon goro gon gon

Contra el virus
nuestra lucha se que se gana lo presiento
contra el virus las calles no habrá quien nos venza
contra el virus el virus oh

martes, 26 de maio de 2020

1º e 2º EP - Semana do 25 de maio

Ola miñas pequechas e pequechos!!

Que alegría que parece que chegou o verán!! Xa nunhas semanas rematamos a escola e comezamos as vacacións! Ahí vai a proposta da semana:

👂PON A ORELLA!

Imos facer coma na clase: escoitamos uns sons e temos que escoller cales son. Escoitade cada vídeo dúas veces mentres mirades as seguintes imaxes. Recordade, se tedes dúbidas, escoitade varias veces ata que esteades seguras/os da vosa respostas. Anotádeo nun papel e, se podedes, enviádeme unha foto.
 Podedes escribir as respostas do seguinte xeito:
Serie1: é a imaxe A
Serie 2: é a imaxe B....

SERIE 1:

















Cal destas dúas imaxes é a correcta?


              Imaxe A                                                                               Imaxe B


 SERIE 2:


Cal destas dúas imaxes é a correcta?













       Imaxe A                                                                                                             Imaxe B
    
  SERIE 3 : 

Cal destas dúas imaxes é a correcta?

 









           Imaxe A                                                                                                         Imaxe B



💪XOGO DE REPASO!

Aquí tedes un Kahoot de cinco preguntas para repasar un pouco o que levamos feito. Non ten tempo límite, así podedes ler con calma as respostas (ollo que hai algunhas un pouco trampulleiras). Agardo que vos guste!

Kahoot repaso

😎MOMENTO DE RELAX

Despois de estar tan concentrados... podémonos deitar no chan ou na cama e escoitar tranquilamente a obra do Aquarium...

Aquarium Saint Säens 

Quero tamén partillar convosco un par de musicogramas que me enviaron dous alumnos de primeiro cos que se pode apreciar o bos artistas que son. Se queredes podédesme seguir enviando algún musicograma imitando o que fixen eu. Déixovos o enlace do blog por se vos animades a facer este reto musical.

Musicograma Saint-Säens

E aquí están os traballos de Xoel e Ángel de 1º!! Parabéns polo voso traballo!






 Descansade e disfrutade da semana!

 

luns, 25 de maio de 2020

3º e 4º de EP - Semana do 25 de maio

Ola rapazada!!

Que tal estades?? Estou recibindo composicións moi interesantes, e gustaríame partillalas convosco.

📯 A TOCAR!!

Podedes seguir enviándome algunha composición máis, acordádevos de intentar poñerlle algún títulos chulo... como os que ides ver agora. Para esta semana tedes que ir tocando as composicións seguintes, e cando me escribades, gustaríame que me comentasedes cales vos gustaron máis e por que.














Como vedes, estas composicións están superben: cun par de ritmos, collemos unhas notas e facemos a nosa música propia :) Xa sodes.... COMPOSITORES!!!
 (Irei incorporando máis segundo me vaiades enviando).

As composicións que vedes son de Noa, Laura, Carla, Job, Jorge, José Miguel, Khadija, Sara ,Unai, David Barreiro, David López, Iván e Mateo Mella. BO traballo a todas e todos!! 

 👀 REPASAMOS... XOGANDO!

Déixovos un par de Kahoots para que repasedes un pouco xogando. Gustaríame que poñerades o voso nome e o curso cando vos pregunta un NICKNAME, así podo ver o ben que o facedes.

https://kahoot.it/challenge/09061302?challenge-id=b32b0f3c-f86e-4b0f-923b-ec5da6795a51_1590409406785

https://kahoot.it/challenge/09872841?challenge-id=b32b0f3c-f86e-4b0f-923b-ec5da6795a51_1590410289984


Así que para esta semana, facede os Kahoots cando poidades e seguide tocando un chisco. Podédesme enviar as vosas composicións, audios e vídeos cando queirades.

Moitos saúdos... e que a música vos acompañe!!!

martes, 19 de maio de 2020

1º e 2º - Semana do 18 de maio

Ola rapazada!!!

Seguimos esta semana traballando o lento e rápido, pero dun xeito que faciamos na aula de música:  

MOVÉNDONOS!!!


PRIMER AUDIO: traballamos o leeeeeento. Recordade, levade o paso moi lento, seguindo o que fai o instrumento como se foramos un elefaaaaaaaannnnte.


SEGUNDO AUDIO: agora preparádevos a andar sobre os punteiros (ir de puntillas) e rápido! Como se foramos formiguiñas! Pasos pequeniños pero moi rápidos!

 
 TERCEIRO AUDIO: As estatuas musicais. Acordádesvos deste xogo? Cando soa o instrumento nos movemos intentado seguir o pulso. Pode ser ás veces máis rápido, e outras máis lento. E recordade, cando a música pare, tedes que quedar quedos coma estatuas!


Que tal vos foi? Seguro que moi ben, este xogo o temos controlado!

TAREFAS DA SEMANA
  •  Pregunta: que instrumento está a soar nos vídeos anteriores??? 
  •  Reto de interpretación: atrevédesvos a facer un par de audios coma min? Un que sexa moi rápido, un que sexa mooooooiii leeeento. Podedes usar as palmas, os instrumentos de refugallo que fixestes ou, se tedes algún instrumento que toquedes, un exemplo con el!!

Podédesme enviar a resposta e os vosos audios a olallaperez@cpiares.com . Recordade que non pasa nada por se algunha semana non vos da tempo a entregar algo, con que sigades escoitando música, tocando o que teñades á man e bailando, chega. Espero que esteades moi ben e... que a música vos acompañe!!! 





Día de Europa

Dende a aula de Arts de 5º e English, quixemos celebrar o día de Europa (9 de maio) con composicións e manualidades do máis variopinto.

Ahí van os resultados!! Esperamos que vos guste e disfrutedes cos traballos tan chulos da rapazada de 4º, 5º e 6º.

https://www.youtube.com/watch?v=AdIg1q7PLxA&feature=youtu.be

Por se queredes ver tamén cada diapositiva, poño o enlace do blog do equipo Erasmus:

https://erasmusplusasmirandas.blogspot.com/

Saúdos, e boa semana!!!

luns, 18 de maio de 2020

3º e 4º de EP - Semana do 18 de maio

Ola rapazada!!!

Hoxe vos adxunto un par de vídeos de frauta e exercicios de creación de composicións. Se por calquera circunstancia esta semana non podedes enviar algo, non vos preocupedes, de aquí a final de curso faremos un repaso xeral de todo o que vimos na primeira e segunda avaliación.

 FRAUTA

 A posición: neste vídeo vos explico como nos temos que colocar para tocar, intentando evitar as tensións.


As notas:


Os ritmos: déixovos unha táboa con diferentes ritmos por se queredes practicar cada nota cun deles. Acordádevos que, cando escribimos soamente o ritmo, sen notas (do, re mi...) non temos por que poñer a cabeza da nota (agás coa branca), con poñer a plica e o corchete está xenial.

COMPOÑEMOS CON RITMOS E NOTAS

Quero que escollades o primeiro ritmo da táboa anterior (titi titi ta ta). Agora escolledes unha nota do pentagrama (eu vou escoller SOL). Agora tedes que escribir o ritmo con esa nota. Póñovos varios  exemplos:

Fíxadevos:

- en 1) uso a nota sol e o primeiro ritmo da táboa.
- en 2) uso o segundo ritmo (arriba no medio) coa nota si.
- en 3) collo o terceiro ritmo e o escribo sobre a nota la.
-  xa por último, o último ritmo é igual co primeiro, pero me puxen creativa e cambieille as notas.

Recordade:
- a clave de sol é como escribir maiúscula ao comezo das frases, é obligatoria ao comezar tódolos pentagramas.
- para separar os ritmos, podedes separar con esa doble barra (as dúas liñas) que vanda primeira á quinta liña (coma a miña) ou soamente con unha liña.

ACTIVIDADES DA SEMANA

  • Vixilar a postura e posición ao tocar á frauta. Podedes mirarvos nos espello para practicar sen axuda.
  • Practicar as diferentes notas cos ritmos que de arriba. Quen teña o dado rítmico doutras semanas, pode usalo en vez do de arriba. 
  • A compoñer!
Para os que teñen frauta: Os ritmos da táboa de arriba os tedes que usar para compoñer algo coas notas si-la-sol. Poden ser moi sinxelos (dunha nota) ou máis complexos (de varias). Déixovos liberdade para que escribades todo o que querades. Intentade despois de escribir cada anaco, tocalo coa frauta.
Enviádeme unha foto das vosas composicións para así írvolas correxindo. Se tamén queredes gravar como as interpretades na frauta, benvido será! (opcional).

Para os que non teñan frauta na casa: practicade os ritmos da táboa con palmas ou cun lapis (se tedes un instrumento de refugallo tamén serve!). Cando o teñades controlado, inventade partituras rítmicas diferentes ás que aparecen arriba. Enviádeme unha foto das vosas composicións. Se queredes tamén me podedes enviar audios ou vídeos coa interpretación das vosas creacións (opcional).

Tamén lle podedes poñer un título á vosa composición, como... "Día confinado", "Non choveu que non escampara", "A xogar!!!"... O que vos queirades :)

Que teñades moi boa semana e... que a música vos acompañe!!!

 

martes, 12 de maio de 2020

Actividades 1º e 2º de EP - Semana do 12 de maio

Ola a todas e todos!!

Que tal estades?? Seguro que moi ben! Queríavos felicitar polo traballo que estades facendo na casa e  os resultados están sendo moi bos. Se aínda non me enviastes nada, podedes enviarmo esta semana. E grazas tamén ás nais e pais por axudarvos a ler este blog e irvos lendo cada un dos posts que vou colgando. Vin que para enviar vídeos ás veces é un pouco lioso polo tema do que pesa (o tamaño en MB). Podédesmos compartir por drive, ou se non podedes polo que sexa, enviádeme un audio e as fotos do que vaian facendo e xa está. Todo iso ao correo de sempre, olallaperez@cpiares.com

Para esta semana propoño unha actividade tamén de escoita, pero de escoita de obras musicais.

👂 A ESCOITAR!

Escoitade nun lugar tranquilo estas dúas obras. 

Collede lapis e papel e contestade ás seguintes preguntas (non fai faia que escribades a pregunta, con poñer o número e logo a resposta xa está).

1) Cal das dúas obras vai máis rápido? Cal máis lento?
2) Que obra dura máis, a das Tartarugas ou a do CanCan?
3) No Can Can, cal é o instrumento que chama a atención sobre o resto da orquestra? (pista: témolo na aula, e se ve moi ben no vídeo).
4) Das dúas obras, cal nos pode servir para relaxarse?
5) Cal das pezas nos pode servir para activarnos e poñernos a bailar?

6) Que peza che gusta máis? Por que? 


Moi ben! Fixádevos agora: estas dúas obras comparten melodía. No Can Can, no segundo 00.40 é cando comeza e se escoita moi claramente. É o momento máis coñecido desta obra, e se vos fixades a xente se pon a acompañar con palmas!

Offenbach foi un compositor francés anterior a Saint Saens. E este último era un pouco miñaxoia ou pícaro e ás veces parodiaba (imitaba de xeito burlesco) as pezas musicais doutros compositores.

Neste caso, colleu o Can Can que escoitamos e o reescribe.  Nel (na Tartaruga) os instrumentos de corda interpretan o Can Can de Offenbach a unha velocidade taaaan tan lenta que resulta incluso un pouco difícil descubrir a melodía orixinal.Os pianos tamén acompañan moi piano (ou con pouco volume).

🎍 A DEBUXAR!
 
A seguinte actividade sería coller un folio e dividilo á metade. Nunha metade debuxades o que vos transmita o Can Can de Offenbach, e na outra metade o mesmo pero coa Tartaruga.

Que teñades moi boa semana.... e que a música vos acompañe!!

luns, 11 de maio de 2020

Actividades 3º e 4º de EP - Semana 11 de maio

Ola rapazada!

Quérovos felicitar polo traballo que estades a realizar na casa. A asignatura de música ten a dificultade de ser complexa de dar a través do ordenador... mais o estades a facer moi ben! E grazas ás vosas nais e pais, que vos axudan en envían o voso traballo a través do seu email. Grazas a todos e todas!! Espero tamén que comecedes esta Fase 1 con alegría e sentidiño, e agardo vervos pronto paseando por Ares.

🎺A TOCAR!

As actividades de frauta están moi moi ben! Despois de visualizar os vídeos que me enviastes, quero recordarvos tres cousas:
- Intentade tocar máis relaxados: mantede unha posición recta (tanto sentados como de pé), non subades os ombreiros e colocade os dedos sen apretar e coa parte carnosa.
- Soprade suaviño, non hai que tocar moi forte... Iso vai facer que soen os famosos pitidos.
- É mellor comezar moi lento e pouco a pouco ir subindo a velocidade. Así afinanzamos o que imos ensaiando.

Podedes comezar a tocar facendo improvisacións ou escribindo a partitura e tocándoa. Póñovos un exemplo que me enviou unha compañeira:


  •  Actividade para 3º: inventar coas notas SOL - LA - SI e con brancas, negras e silencio de negra unha pequena melodía. Pode durar o que vós queirades. Enviádeme un vídeo e a partitura (ou, se vos é moi complicado, un audio e a partitura). 
Podedes facer esta creación de dúas formas diferentes:
  1. Improvisando e logo anotando o que tocastes.
  2. Facendo ou buscando un ritmo que vos gustes. Poñerlle notas ao ritmo e probar a ver como soa.
  •  Actividade para 4º: a peza de Shreck que comezamos na segunda avaliación cada vez vos soa mellor. Imos darlle unha semana de descanso e así a retomaremos con máis alegría e ganas. O que quero que fagades e que fagades a vosa creación, igual que o alumnado de 3º, pero incluíndo a nota Do' agudo e a nota fa. Enviádeme un vídeo e a partitura (ou, se vos é moi complicado, un audio e a partitura). Póñovos un exemplo:



 🔉PON A ORELLA! 

Para 4º: repasamos a clasificación de voces e tedes que adiviñar que tipo de voz é a de Little Richard. Escribídemo no email que me enviedes coa actividade anterior.

Para 3º: escoitade as tres pezas seguintes e quero que me digades cal é a que máis vos gusta e o por que. Tratade de evitar contestar "por que si", quero que intentedes xustificar a vosa resposta cunha frase un pouco máis longa. Escribídemo no email que me enviedes coa actividade anterior.

Imos seguir coas voces. Repasámolas:




A orde da máis aguda á máis grave é:  SOPRANO - MEZZOSOPRANO - CONTRALTO - TENOR - BARÍTONO E BAIXO.
As voces de muller sempre van ser máis agudas cas dos homes. Déixovos máis exemplos para que os escoitedes.

- Aria da raíña da Noite, A frauta máxica de Mozart: fixádevos o superagudo ao que chega a cantante. Sen dúbida algunha, a súa voz é de SOPRANO.
https://www.youtube.com/watch?v=rxGy83aipbY

- Erbarme Dich, de J.S.Bach: esta peza comeza cun solo de violín (destaca o violín sobre a orquestra) e a cantante collerá o testigo do violín no minuto 1:20. Hei de dicir que é unha das melodías máis fermosas da historia da música. Fixádevos que a voz da muller é moito máis grave ca da anterior peza. É, polo tanto, CONTRALTO.

Cando non sabemos ben se é contralto ou soprano (as voces extremas), podemos non arriscarnos e dicir MEZZOSOPRANO. O mesmo podemos facer coas voces de home.

Xa por último, quero rendirlle homenaxe ao músico Little Richard, que faleceu esta fin de semana. É considerado o pioneiro (un dos que comezou) do rock and roll, e me gustaría que intentasedes clasificar a súa voz.

 https://www.youtube.com/watch?time_continue=250&v=LVIttmFAzek&feature=emb_title


Recórdovos que me podedes enviar as tarefas a olallaperez@cpiares.com. Tedes unha semana para enviarmas. Se vos retrasades un pouco non pasa nada, mais recoméndovos que intentedes levar o traballo ao día.

Espero que esteades moi ben todos, que disfrutedes da semana e... que a música vos acompañe!!!

venres, 8 de maio de 2020

Radio Picariña - Educación Infantil

Ola a todas e todos!

Quero partillar con todos vós unha radio específica para os máis pequenos da casa: Radio Picariña. Con ela poderedes escoitar un amplo repertorio de cancións na nosa lingua e cunha calidade moi boa, tanto de son como de grupos.

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

Boa fin de semana e que a música vos acompañe!!

xoves, 7 de maio de 2020

A novena sinfonía de Ludwig van Beethoven

Un día coma hoxe mais no ano 1824 (van facer dous séculos dentro de catro anos!) se estreaba a Novena Sinfonía do compositor Ludwig van Beethoven.

O compositor desta obra tardou varios anos en compoñer e rematar esta obra. O impresionante é que a escribiu cando xa estaba totalmente xordo... Imaxinádevos o que pode supoñer para un músico perder a audición... Mais non se rendiu e é todo un exemplo de superación.

Esta novena sinfonía é tamén chamada "Coral". Beethoven foi un compositor que innovaba moito, e as obras chamadas sinfonías ata esa época nunca levaron voces.

A melodía da "Oda á alegría" que aparece no cuarto movemento é na actualidade o Himno do noso continente, Europa.

E falando de Europa... Este sábado é o Día de Europa!!

Déixovos un enlace para que poidades disfrutar desta marabillosa e impresionante obra.

https://www.youtube.com/watch?v=7rzn_nAF59I  A partir do minuto 3:30 comeza a mencionada melodía do Himno da Alegría.

Que teñades boa semana... e que a música vos acompañe!!

martes, 5 de maio de 2020

As voces humanas - 4º EP

Hoxe imos traballar sobre os diferentes tipos de voces que hai.

𝄇 A REPASAR!

A clasificación máis elemental é a de:
  • voces brancas: de nenos e nenas
  • voces masculinas
  • voces femininas
Estas dúas últimas, as masculinas e femininas, se poden clasificar segundo sexan agudas, medias ou graves:

 👂PON A ORELLA!


Coa canción Hallelujah da Banda Sonora de Shreck, quero que escoitedes un minuto aproximadamente de cada audición.

Leonard Cohen:https://www.youtube.com/watch?v=YrLk4vdY28Q
Helen Fisher: https://www.youtube.com/watch?v=I234Q56Ra9w
Jeff Buckley:  https://www.youtube.com/results?search_query=hallelujah  a partir do minuto 1:20

 Agora clasificade as voces de agudo a grave nun folio.

Actividade de ampliación (optativa): buscade algúns cantantes que vos gusten e clasificade a súa voz.

QUENTAMENTO RÍTMICO...

Collemos o dado rítmico. No caso de non telo, inventade un ritmo. Usade brancas, negras e corcheas. Primeiro palmeade e despois colledes a frauta doce e tocades ese ritmo con diferentes notas. 


... E UN POUCO DE FRAUTA.

Seguide repasando a canción de frauta. podedes mirar no blog como quentar, exercizos de respiración e a canción de Shreck de I'm a believer no post de 3º e 4º do día 20 de abril.

Enviádeme os vosos traballos (a clasificación e a canción de Shreck, o que levedes) ao email olallaperez@cpiares.com Recibirei encantada todo ata o martes que vén.
Saúdos e que a música vos acompañe!!!

Actividades 1º e 2º de Primaria

Ola nenas e nenos!

Ahí van as tarefas desta semana. Podédesmas enviar ata o mércores que vén. En cada actividade explícovos como enviala.

👂PON A ORELLA

Aquí imos escoitar (e ver) un par de vídeos. As respostas aos exercicios copiádeas nun folio e lle sacades unha foto e ma enviades.

  • Dictado rítmico: neste primeiro repasamos os sons longos e curtos. Póñovos dous exemplos.

  • Exercicio 1: Collemos un lapis e un folio para escribir o que se escoita. Preparados/as...


  • Dictado tímbrico: agora imos facer o mesmo, pero con instrumentos musicais. Un vídeo de exemplo:

  • Exercicio 2: no mesmo folio de antes, ides facendo os debuxos dos instrumentos que soan. Acordádevos de poñer o número de orde!

💃CANTAMOS E ... CREAMOS


Para o alumnado de segundo:

Despois de estar tan concentrados, quero que recordemos a peza de Simamaka que tan ben cantastes o día da Paz.

https://www.youtube.com/watch?v=o8Nxcp8maYo

 Despois de ver o vídeo e de recordar o chulo que é, gustaríame que inventedes un novo ritmo cas percusións corporais que vós queirades. Poden ser con chasquidos, palmas, palmas en xeonllos e pés. Se vos atrevedes, podedes intentar usar outra percusión corporal. Probade a facela varias veces, memorizándoa ben, e cando a teñades, gravádesvos e me enviades a vosa creación. Podedes facelo poñendo a música (un anaco, non todo) ou cantando vós mesmos. O que prefirades!

Para o alumnado de primeiro:

Quero que miredes o vídeo seguinte (e recordaredes de clase):

https://www.youtube.com/watch?v=5T8DKWXsCzY

Hai dúas partes na canción: a parte na que cantan os bonecos rosas o "tutuuuuurururu" co "maná maná" do boneco verde; e outra parte na que o boneco verde canta el só improvisando un pouco.

O exercicio é o seguinte: buscade percusións corporais (palmas, chasquidos, pés ou xeonllos) e no maná maná inventade con eles. Pouco a pouco iredes vendo que quedan mellor uns que outros, ídeos memorizando e, cando os teñades escollidos e practicados, enviádeme un pequeno vídeo con ese anaco de canción.

A maiores, podedes poñer as percusións corporais no "maná" e, cando o boneco verde canta, podedes bailar libremente (estilo rockeiro, estilo bailes de salón... o que queirades). Isto último non tedes por que enviarmo.


Moi boa semana e espero que a música vos acompañe!!

Canções para crianças - Educación Infantil

Bom dia aos meninhos da escola!!

Hoxe é o Día Internacional da Língua Portuguesa e dende música vos propoñemos escoitar e danzar algunhas pezas nesa fermosa lingua. Algunhas delas xa as bailamos e cantamos na aula, podédesllas ensinar aos vosos pais!

A janelinha  https://www.youtube.com/watch?v=yeha2kDDuUc

Comezamos tapando a cara coas mans cando di "pecha" e destapamos cando di "abre". O mesmo despois abrindo e pechando brazos, e tamén dando un pequeno brinco cos pés abrindo e pechando.

A janelinha fecha quando está chovendo
A janelinha abre se o sol está aparecendo
Fechou, abriu, fechou abriu fechou (bis) 

O guarda chuva abre quando está chovendo
O guarda chuva fecha se o sol está aparecendo
Abriu, fechou, abriu, fechou, abriu (bis).

Esta canción é para ir intercalando a roda coas palabras que se din na letra (e sinalo en negrita). En vez de roda, tamén podedes bailar libremente!

Caranguejo não é peixe,
Caranguejo peixe é
Caranguejo só é peixe
Na enchente da maré
Palma, palma, palma, / Pé, pé, pé, /
Roda, roda, roda,
/ Caranguejo peixe é
O cravo brigou com a rosa,
Debaixo de uma sacada,
O cravo saiu ferido,
E a rosa despedaçada
O cravo ficou doente,
A rosa foi visitar,
O cravo teve um desmaio,
E a rosa pô-se a chorar

A partires destes enlaces, podedes buscar cos papás outras cancións portuguesas moi pegadizas para meninhos :) 

Que teñades bo día e Feliz Día Internacional da Língua Portuguesa!!!

luns, 4 de maio de 2020

Que a forza vos acompañe!! - 3º EP

Ola rapazada de 3º!

Non sei se o sabedes... pero hoxe é o día de Star Wars!! Unha das frases famosas das películas é “May the Force be with you” (Que a forza che acompañe), e os fans fixeron unha mestura de palabras que acabou en “May the 4th be with you” (Que o 4 de maio che acompañe). E... coa Banda Sonora Orixinal de Star Wars comezamos!

👂 PON A ORELLA
1. Copiade nun papel esta táboa.  (Póñovos un exemplo coa Banda Sonora de Shreck)

 
2. Escoitade os seguintes enlaces, cos dous primeiros minutos chega.

3. Completade a táboa.



🎼A CREAR!

Despois de pensar e reflexionar no que nos fai sentir cada peza, escoitade de novo e escollede unha para acompañala. 
Mais... Como a acompañamos?
Colledes o voso instrumento (ou un lapis ou con palmas ao comezo) e probades a acompañar con ritmos mestres soa a música. Usade ritmos negras, brancas e corcheas, que sexa moi simple, e intentádeo anotar. Con facer un anaquiño chega.



🎹A TOCAR!

Seguide pouco a pouco coas actividades que vos propuxen na entrada “3º e 4º de Primaria do luns 20 de abril”.

Para enviarme os traballos e vídeos, facédeo cun correo que poña en asunto “Nome Apelidos e Curso” a olallaperez@cpiares.com antes do luns que vén. Calquera dúbida que teñades, escribídeme e respondereivos o antes posible.

Moita saúde e... QUE A FORZA VOS ACOMPAÑE!!


xoves, 30 de abril de 2020

Uns cadros... algo confinados

Alegrámonos de vos presentar o traballo que fixemos en Arts de 5º, "Un cadro... algo confinado!". Espero que disfrutedes do magnífico traballo que fixeron.
Moitos parabéns polo voso traballo, sodes uns artistazos e artistazas!!!!!
E un enorme agradecento aos colaboradores (pais, nais, familia...).



Moi boa fin de semana e... que a música e o arte vos acompañe!!

Música do primeiro movemento do Concerto de Brandemburgo nº3 de J.S. Bach.

mércores, 29 de abril de 2020

A bailar!

Bos días aos pequerrechiños da escola!!!

Hoxe é o día da Danza e, como bos artistas que sodes, vos propoño bailar e cantar coa canción que fixeramos para o Nadal, O galo canta.

https://www.youtube.com/watch?v=GmTr3oMQd7w 

Déixovos a letra, aínda que de seguro a recordades ben! Aínda que non apareza no vídeo, engádovos a estrofa "especial" que crearamos para os papás :)

O galo canta, a galiña chora,
polos pitiños que durmen fóra. (Bis)

Cocorocó, cacaracá
e os pitiños imos todos pasear.
Cacaracá, cocorocó,
e as pitiñas imos todas de excursión

O galo canta, a galiña chora,
polos pitiños que durmen fóra. (Bis)

Quequerequé, quiquiriquí
no galiñeiro queremos todos durmir.
Quiquiriquí, quequerequé
se non nos deixan berraremos outra vez!!

Infantil canta, os papás choran, 
porque as festas comezan agora. (Bis)

Dende Infantil vos desexamos
moi boas festas e tamén moi feliz ano (Bis)


Bo día da danza... e que a música vos acompañe!!

martes, 28 de abril de 2020

Instrumentos creados con materiais de refugallo

Nenas e nenos!! Pais e nais!! Damas e cabaleiros!!

É hora de presentar os tragallos tan ben feitiños que enviastes ao longo desta corentena.



Moitísimos parabéns polo voso traballo!!! Gardádeos ben que para o Entroido, que con eles podemos facer unha batucada!!

E grazas aos pais e nais por enviarme o traballo :)

Música do Cuarteto de corda en Fa Maior de Maurice Ravel.

Moito ánimo e ... a tocar!!

Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído - 29 de abril

Ola a todas e todos!

O 29 de abril celébrase tamén o Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído. Por que se celebra? Porque se quere concienciar a todo o mundo dos riscos que ten o ruído sobre o oído e a saúde en xeral.

Mais... que é un ruído? Un ruído é un son sen harmonía nin ritmo, que soe ser desagradable e molesta ao oído. Déixovos unha proposta de traballo para concienciarnos sobre o ruído que nos rodea; podedes esta semana escoller unha das actividades propostas ou... facer todas!

O RUÍDO QUE NOS RODEA

A proposta para traballar este día é que un día desta semana nos fixemos nos sons e ruídos que nos rodean, algo así coma un diario sonoro.

Durante o día escollido tedes que ir anotando gran parte do que escoitades na casa e arredores. Para iso, ide escribindo ou facendo un debuxo sinxelo do que escoitades e a hora. Ao finalizar o día ou ao día seguinte, relede o que escribistes e clasificade os sons en ruído ou son.

Para escoitar algúns exemplos e sentir mellor a diferenza entre ruído e son, pinchade no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=kw_sRoG03KA

Moitos ánimos, e que a música vos acompañe!! 

luns, 27 de abril de 2020

Día Internacional da Danza - 29 de abril


A danza é a linguaxe oculta da alma”. - Martha Graham, bailarina e coreógrafa dos Estados Unidos.

A expresión corporal e a música existen dende que o ser humano existe. Quen non se puxo a bailar ou moverse un pouco cunha música pegadiza? Pois aló polo 1982, un grupo de expertos decidiron celebrar o día da Danza o 29 de abril, data na que naceu o bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre.

E vos preguntaredes: por que quixeron celebrar iso? Pois para fomentar a participación e atención do público sobre a arte e a cultura, para coñecer unha das nosas manifestacións artísticas.

Mais, o día da Danza celebra soamente o ballet: celebra calquera tipo de de expresión corporal acompañada dalgún tipo de ritmo acústico.

Cal vai ser o reto desta semana? Poñer en valor o noso baile por excelencia, ese baile tan propio da nosa cultura galega: a MUIÑEIRA.

RETO ARTÍSTICO

Recordades o ben que bailamos o día do Magosto? Ese baile foi a Muiñeira de Outeiro. Podédeslle botar un ollo de novo e lembrar que ben o pasaramos bailando e comendo castañas :) O baile está a partires do minuto 3:15.

O reto é: gravarse bailando un anaco a muiñeira. Para facelo, poñedes a música que vos enlazo a continuación e... a bailar!! Pode ser cos puntos (pasos) que aprenderamos, ou podedes deixar voar a vosa imaxinación e corpo! Tedes ata o XOVES 30 para enviarme os vosos vídeos! Animádevos!


Exemplo de puntos: 
 
- abrir, pechar, abrir, pechar.
- adiante, atrás, punta-talón, xuntos.
- Adiante, atrás, patada-patada, xuntos.
- Abrir, pechar, palmada-palmada (unha por arriba e outra por debaixo da perna) xuntos.

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN

Fragmentos de ballets famosos:
 
Mirade os seguintes fragmentos. Cal vos gusta máis? Por que? Parécevos fácil ou difícil bailar estas pezas? Se queredes, podedes facer un debuxo do fragmento que máis vos gustara e enviarmo :)

Danza dos pequenos cisnes, do ballet do “Lago dos cisnes”, do compositor Tchaikovsky: 

https://www.youtube.com/watch?v=jSTia7AmWDI 
 
Danza do azucre, da obra “O Quebranoces”, Tchaikosvky: 

https://www.youtube.com/watch?v=Wz_f9B4pPtg 
 
Valse das horas, da obra “A Gioconda”, Ponchielli:

https://www.youtube.com/watch?v=UCk-NEwY7UU 
Películas para ver en familia:
- Billie Elliot: podédela ver in streaming a través de Amazon Prime Vídeo.
- Ballerina (bailarina): tamén en Prime Vídeo e en Movistar.
- Fantasía, de Disney: en Disney+. Os fragmentos relacionados coa danza son o sexto, “Danza das horas”, no que bailan hipopótamos, avestruces e crocodilos, e o segundo, relacionado coa obra do “Quebranoces”.




Moito que celebrar!

Ola a todos e todas!!

Esta semana temos un par de celebracións internacionais relacionadas coa nosa materia. Así que desta vez vos propoño retos musicais para todos e todas, indistintamente do curso no que esteades. 

Igualmente, podedes seguir facendo as actividades propostas nas semanas anteriores, e
podédesme enviar os vosos traballos artísticos ao correo electrónico olallaperez@cpimusicares.com.

Agardo que esteades todas e todos ben.

Boa semana e... que a música vos acompañe!!!

venres, 24 de abril de 2020

Bos días, miñas ananas e ananos!!

Aló vai unha das nosas cancións coas que comezamos o día en Infantil: Bos días (buenos días). Podédeslla ensinar a bailar á vosa familia como faciamos na clase, primeiro piando, despois brincando e por último, voando!


Gracias a César CéOrquestraPantasma pola magnífica canción que creou, e pola súa cortesía por deixarme facer unha versión :) Ás nenas e nenos e mestra de Música nos encantas!!

xoves, 23 de abril de 2020

Ola aos máis cativos!! Educación Infantil

Ola aos pequechiños e pequechiñas da escola!!

Que tal estades?? Seguro que botando de menos o cole, coma nós as mestras, que temos xa ganiñas de vervos a todas e todos!

Pouquiño a pouco vos vou ir colgando cancións e vídeos que estivemos a facer na clase. Hoxe póñovos unha que se chama "Xan pequeno baila".

Recordades como era? Unha persoa (na clase lle tocaba ao "miniprofe") vai cantando a canción con todos e tiña que dicir con que parte do corpo tiñamos que mover: podían ser os pés, palmas, dedos, cabeza, nariz, beizos, ollos (chiscando os dous ou soamente un), ombreiros, brazo ou brazos, lingua, e ata as cachas!

Animádesvos a facer de "miniprofes" cos vosos pais e/ou irmáns? Non sexades tan esixentes coma na clase, que nós xa eramos moi profesionais 😉

Déixovos o enlace coa canción e ... a bailar!!

https://www.youtube.com/watch?v=sPf7Zwevwas

Feliz Día do Libro!


Hoxe é o día do Libro, e nesta data se conmemora o nacemento de dous grandes escritores: William Shakespeare e Miguel de Cervantes Saavedra.


Dende música contribuímos a esta celebración a través da escoita das seguintes pezas:

Marcha nupcial, del Sueño de una noche de verano: Esta peza foi escrita polo compositor Felix Mendelssohn e baseada na obra do mesmo nome de Shakespeare. Sóavos? Seguro que si, tanto a peques como pais e nais :)

https://www.youtube.com/watch?v=Ewzzyp-geYk

 Danza de los caballeros, de Romeo y Julieta: Algúns de vós xa a coñecedes, xa que con ela puidemos falar do "enfado". Composta por Serguei Prokofiev, e baseada na obra de Shakespeare. Nesta ocasión, póñovos outra versión interpretada por The Royal Ballet de Londres:

https://www.youtube.com/watch?v=SyDo3h1Tu7c

Sobre Miguel de Cervantes, moitos compositores escribiron sobre a súa obra grande, Don Quijote de la Mancha. Engádovos o enlace dunha obra escrita por Georg PhilippTelemann, A suite de Don Quixote. Nela poderedes observar como eran as orquestras de hai catro séculos, nas que xa había instrumentos de corda coma o violín ou o violonchelo.

https://www.youtube.com/watch?v=2RsHV7EPcgo

Moi bo día do Libro!!

mércores, 22 de abril de 2020

1º e 2º de EP

Ola nenas e nenos!!

Xa me estades enviando bastantes traballos que fixestes e, douvos a noraboa, sodes uns miniartistas!

Para esta semana vos propoño varias actividades.Seguimos coas emocións e repasamos a linguaxe musical. Recordade que non as tedes que facer todas de súpeto, podedes ir facéndoas aos poucos. Recórdovos o meu email para que me enviedes todo aquelo que queirades.


😍VEMOS E SENTIMOS

A todos nós nos pasa de enfadarnos ás veces, non si? Para esta semana déixovos unha imaxe e unha peza musical dunha obra chamada Romeo y Julieta, do compositor ruso Sergei Prokofiev (si! o mesmo que o de Pedro y el lobo!). (Imaxe do Proyecto emocionario da auladeelena.com).

  •  Que personaxes aparecen na imaxe?
  • Que acontece? Como mira a personaxe da esquerda ao da dereita?
  • Que transmite a cara de cada personaxe? 
  • Como pensas que reacionará a personaxe da esquerda? Por que?
  • Algunha vez te sentiches así? Como reaccionaches?

E agora... a música! Damas e cabaleiros... A Danza dos cabaleiros de Prokofiev. Escoitádea primeiro sen mirar, e contestade:
  • Que sensación vos da? Como vos sentides escoitando esta obra?
  • Recoñecedes algún instrumento? Cal ou cales?
https://www.youtube.com/watch?v=Z_hOR50u7ek

👌 RETO ARTÍSTICO
 
Facede un debuxo sobre a obra intentado transmitir no debuxo o que sentides ao escoitala.

🔔A TOCAR! Un pouco de ritmo

Envíovos un vídeo no que vos explico como ler ritmos. Isto o faciamos na aula, mais era eu a que facía o ritmo e vos repetiades. No vídeo eu fago de "alumna" e o ordenador de mestre :)

Podedes usar tanto as sílabas rítmicas, como os instrumentos que creastes ao longo destas semanas.



Déixovos tamén a foto dos ritmos. Igualmente, podedes inventar os vosos propios ritmos e tocalos. E se vos animades, enviádeme as vosas creacións!!


😲E A CANTARES!

 Déixovos outro vídeo no que traballamos as notas SOL  e MI. Si! Esas que xa traballamos hai unhas semanas.
 Igual ca co ritmo, podedes facer as vosas creacións: no voso pentagrama colocades as notas SOL e MI segundo vós queirades e ou cantades ou e se tedes algún instrumento na casa con esas dúas notas, pois a tocar!

Coma no exercizo anterior, déixovos a partitura:


Moitas apertas a todas e todos, e que a música vos acompañe!!