martes, 28 de abril de 2020

Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído - 29 de abril

Ola a todas e todos!

O 29 de abril celébrase tamén o Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído. Por que se celebra? Porque se quere concienciar a todo o mundo dos riscos que ten o ruído sobre o oído e a saúde en xeral.

Mais... que é un ruído? Un ruído é un son sen harmonía nin ritmo, que soe ser desagradable e molesta ao oído. Déixovos unha proposta de traballo para concienciarnos sobre o ruído que nos rodea; podedes esta semana escoller unha das actividades propostas ou... facer todas!

O RUÍDO QUE NOS RODEA

A proposta para traballar este día é que un día desta semana nos fixemos nos sons e ruídos que nos rodean, algo así coma un diario sonoro.

Durante o día escollido tedes que ir anotando gran parte do que escoitades na casa e arredores. Para iso, ide escribindo ou facendo un debuxo sinxelo do que escoitades e a hora. Ao finalizar o día ou ao día seguinte, relede o que escribistes e clasificade os sons en ruído ou son.

Para escoitar algúns exemplos e sentir mellor a diferenza entre ruído e son, pinchade no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=kw_sRoG03KA

Moitos ánimos, e que a música vos acompañe!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario