xoves, 30 de abril de 2020

Uns cadros... algo confinados

Alegrámonos de vos presentar o traballo que fixemos en Arts de 5º, "Un cadro... algo confinado!". Espero que disfrutedes do magnífico traballo que fixeron.
Moitos parabéns polo voso traballo, sodes uns artistazos e artistazas!!!!!
E un enorme agradecento aos colaboradores (pais, nais, familia...).



Moi boa fin de semana e... que a música e o arte vos acompañe!!

Música do primeiro movemento do Concerto de Brandemburgo nº3 de J.S. Bach.

mércores, 29 de abril de 2020

A bailar!

Bos días aos pequerrechiños da escola!!!

Hoxe é o día da Danza e, como bos artistas que sodes, vos propoño bailar e cantar coa canción que fixeramos para o Nadal, O galo canta.

https://www.youtube.com/watch?v=GmTr3oMQd7w 

Déixovos a letra, aínda que de seguro a recordades ben! Aínda que non apareza no vídeo, engádovos a estrofa "especial" que crearamos para os papás :)

O galo canta, a galiña chora,
polos pitiños que durmen fóra. (Bis)

Cocorocó, cacaracá
e os pitiños imos todos pasear.
Cacaracá, cocorocó,
e as pitiñas imos todas de excursión

O galo canta, a galiña chora,
polos pitiños que durmen fóra. (Bis)

Quequerequé, quiquiriquí
no galiñeiro queremos todos durmir.
Quiquiriquí, quequerequé
se non nos deixan berraremos outra vez!!

Infantil canta, os papás choran, 
porque as festas comezan agora. (Bis)

Dende Infantil vos desexamos
moi boas festas e tamén moi feliz ano (Bis)


Bo día da danza... e que a música vos acompañe!!

martes, 28 de abril de 2020

Instrumentos creados con materiais de refugallo

Nenas e nenos!! Pais e nais!! Damas e cabaleiros!!

É hora de presentar os tragallos tan ben feitiños que enviastes ao longo desta corentena.



Moitísimos parabéns polo voso traballo!!! Gardádeos ben que para o Entroido, que con eles podemos facer unha batucada!!

E grazas aos pais e nais por enviarme o traballo :)

Música do Cuarteto de corda en Fa Maior de Maurice Ravel.

Moito ánimo e ... a tocar!!

Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído - 29 de abril

Ola a todas e todos!

O 29 de abril celébrase tamén o Día Internacional de Concienciación sobre o Ruído. Por que se celebra? Porque se quere concienciar a todo o mundo dos riscos que ten o ruído sobre o oído e a saúde en xeral.

Mais... que é un ruído? Un ruído é un son sen harmonía nin ritmo, que soe ser desagradable e molesta ao oído. Déixovos unha proposta de traballo para concienciarnos sobre o ruído que nos rodea; podedes esta semana escoller unha das actividades propostas ou... facer todas!

O RUÍDO QUE NOS RODEA

A proposta para traballar este día é que un día desta semana nos fixemos nos sons e ruídos que nos rodean, algo así coma un diario sonoro.

Durante o día escollido tedes que ir anotando gran parte do que escoitades na casa e arredores. Para iso, ide escribindo ou facendo un debuxo sinxelo do que escoitades e a hora. Ao finalizar o día ou ao día seguinte, relede o que escribistes e clasificade os sons en ruído ou son.

Para escoitar algúns exemplos e sentir mellor a diferenza entre ruído e son, pinchade no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=kw_sRoG03KA

Moitos ánimos, e que a música vos acompañe!! 

luns, 27 de abril de 2020

Día Internacional da Danza - 29 de abril


A danza é a linguaxe oculta da alma”. - Martha Graham, bailarina e coreógrafa dos Estados Unidos.

A expresión corporal e a música existen dende que o ser humano existe. Quen non se puxo a bailar ou moverse un pouco cunha música pegadiza? Pois aló polo 1982, un grupo de expertos decidiron celebrar o día da Danza o 29 de abril, data na que naceu o bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre.

E vos preguntaredes: por que quixeron celebrar iso? Pois para fomentar a participación e atención do público sobre a arte e a cultura, para coñecer unha das nosas manifestacións artísticas.

Mais, o día da Danza celebra soamente o ballet: celebra calquera tipo de de expresión corporal acompañada dalgún tipo de ritmo acústico.

Cal vai ser o reto desta semana? Poñer en valor o noso baile por excelencia, ese baile tan propio da nosa cultura galega: a MUIÑEIRA.

RETO ARTÍSTICO

Recordades o ben que bailamos o día do Magosto? Ese baile foi a Muiñeira de Outeiro. Podédeslle botar un ollo de novo e lembrar que ben o pasaramos bailando e comendo castañas :) O baile está a partires do minuto 3:15.

O reto é: gravarse bailando un anaco a muiñeira. Para facelo, poñedes a música que vos enlazo a continuación e... a bailar!! Pode ser cos puntos (pasos) que aprenderamos, ou podedes deixar voar a vosa imaxinación e corpo! Tedes ata o XOVES 30 para enviarme os vosos vídeos! Animádevos!


Exemplo de puntos: 
 
- abrir, pechar, abrir, pechar.
- adiante, atrás, punta-talón, xuntos.
- Adiante, atrás, patada-patada, xuntos.
- Abrir, pechar, palmada-palmada (unha por arriba e outra por debaixo da perna) xuntos.

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN

Fragmentos de ballets famosos:
 
Mirade os seguintes fragmentos. Cal vos gusta máis? Por que? Parécevos fácil ou difícil bailar estas pezas? Se queredes, podedes facer un debuxo do fragmento que máis vos gustara e enviarmo :)

Danza dos pequenos cisnes, do ballet do “Lago dos cisnes”, do compositor Tchaikovsky: 

https://www.youtube.com/watch?v=jSTia7AmWDI 
 
Danza do azucre, da obra “O Quebranoces”, Tchaikosvky: 

https://www.youtube.com/watch?v=Wz_f9B4pPtg 
 
Valse das horas, da obra “A Gioconda”, Ponchielli:

https://www.youtube.com/watch?v=UCk-NEwY7UU 
Películas para ver en familia:
- Billie Elliot: podédela ver in streaming a través de Amazon Prime Vídeo.
- Ballerina (bailarina): tamén en Prime Vídeo e en Movistar.
- Fantasía, de Disney: en Disney+. Os fragmentos relacionados coa danza son o sexto, “Danza das horas”, no que bailan hipopótamos, avestruces e crocodilos, e o segundo, relacionado coa obra do “Quebranoces”.




Moito que celebrar!

Ola a todos e todas!!

Esta semana temos un par de celebracións internacionais relacionadas coa nosa materia. Así que desta vez vos propoño retos musicais para todos e todas, indistintamente do curso no que esteades. 

Igualmente, podedes seguir facendo as actividades propostas nas semanas anteriores, e
podédesme enviar os vosos traballos artísticos ao correo electrónico olallaperez@cpimusicares.com.

Agardo que esteades todas e todos ben.

Boa semana e... que a música vos acompañe!!!

venres, 24 de abril de 2020

Bos días, miñas ananas e ananos!!

Aló vai unha das nosas cancións coas que comezamos o día en Infantil: Bos días (buenos días). Podédeslla ensinar a bailar á vosa familia como faciamos na clase, primeiro piando, despois brincando e por último, voando!


Gracias a César CéOrquestraPantasma pola magnífica canción que creou, e pola súa cortesía por deixarme facer unha versión :) Ás nenas e nenos e mestra de Música nos encantas!!

xoves, 23 de abril de 2020

Ola aos máis cativos!! Educación Infantil

Ola aos pequechiños e pequechiñas da escola!!

Que tal estades?? Seguro que botando de menos o cole, coma nós as mestras, que temos xa ganiñas de vervos a todas e todos!

Pouquiño a pouco vos vou ir colgando cancións e vídeos que estivemos a facer na clase. Hoxe póñovos unha que se chama "Xan pequeno baila".

Recordades como era? Unha persoa (na clase lle tocaba ao "miniprofe") vai cantando a canción con todos e tiña que dicir con que parte do corpo tiñamos que mover: podían ser os pés, palmas, dedos, cabeza, nariz, beizos, ollos (chiscando os dous ou soamente un), ombreiros, brazo ou brazos, lingua, e ata as cachas!

Animádesvos a facer de "miniprofes" cos vosos pais e/ou irmáns? Non sexades tan esixentes coma na clase, que nós xa eramos moi profesionais 😉

Déixovos o enlace coa canción e ... a bailar!!

https://www.youtube.com/watch?v=sPf7Zwevwas

Feliz Día do Libro!


Hoxe é o día do Libro, e nesta data se conmemora o nacemento de dous grandes escritores: William Shakespeare e Miguel de Cervantes Saavedra.


Dende música contribuímos a esta celebración a través da escoita das seguintes pezas:

Marcha nupcial, del Sueño de una noche de verano: Esta peza foi escrita polo compositor Felix Mendelssohn e baseada na obra do mesmo nome de Shakespeare. Sóavos? Seguro que si, tanto a peques como pais e nais :)

https://www.youtube.com/watch?v=Ewzzyp-geYk

 Danza de los caballeros, de Romeo y Julieta: Algúns de vós xa a coñecedes, xa que con ela puidemos falar do "enfado". Composta por Serguei Prokofiev, e baseada na obra de Shakespeare. Nesta ocasión, póñovos outra versión interpretada por The Royal Ballet de Londres:

https://www.youtube.com/watch?v=SyDo3h1Tu7c

Sobre Miguel de Cervantes, moitos compositores escribiron sobre a súa obra grande, Don Quijote de la Mancha. Engádovos o enlace dunha obra escrita por Georg PhilippTelemann, A suite de Don Quixote. Nela poderedes observar como eran as orquestras de hai catro séculos, nas que xa había instrumentos de corda coma o violín ou o violonchelo.

https://www.youtube.com/watch?v=2RsHV7EPcgo

Moi bo día do Libro!!

mércores, 22 de abril de 2020

1º e 2º de EP

Ola nenas e nenos!!

Xa me estades enviando bastantes traballos que fixestes e, douvos a noraboa, sodes uns miniartistas!

Para esta semana vos propoño varias actividades.Seguimos coas emocións e repasamos a linguaxe musical. Recordade que non as tedes que facer todas de súpeto, podedes ir facéndoas aos poucos. Recórdovos o meu email para que me enviedes todo aquelo que queirades.


😍VEMOS E SENTIMOS

A todos nós nos pasa de enfadarnos ás veces, non si? Para esta semana déixovos unha imaxe e unha peza musical dunha obra chamada Romeo y Julieta, do compositor ruso Sergei Prokofiev (si! o mesmo que o de Pedro y el lobo!). (Imaxe do Proyecto emocionario da auladeelena.com).

  •  Que personaxes aparecen na imaxe?
  • Que acontece? Como mira a personaxe da esquerda ao da dereita?
  • Que transmite a cara de cada personaxe? 
  • Como pensas que reacionará a personaxe da esquerda? Por que?
  • Algunha vez te sentiches así? Como reaccionaches?

E agora... a música! Damas e cabaleiros... A Danza dos cabaleiros de Prokofiev. Escoitádea primeiro sen mirar, e contestade:
  • Que sensación vos da? Como vos sentides escoitando esta obra?
  • Recoñecedes algún instrumento? Cal ou cales?
https://www.youtube.com/watch?v=Z_hOR50u7ek

👌 RETO ARTÍSTICO
 
Facede un debuxo sobre a obra intentado transmitir no debuxo o que sentides ao escoitala.

🔔A TOCAR! Un pouco de ritmo

Envíovos un vídeo no que vos explico como ler ritmos. Isto o faciamos na aula, mais era eu a que facía o ritmo e vos repetiades. No vídeo eu fago de "alumna" e o ordenador de mestre :)

Podedes usar tanto as sílabas rítmicas, como os instrumentos que creastes ao longo destas semanas.



Déixovos tamén a foto dos ritmos. Igualmente, podedes inventar os vosos propios ritmos e tocalos. E se vos animades, enviádeme as vosas creacións!!


😲E A CANTARES!

 Déixovos outro vídeo no que traballamos as notas SOL  e MI. Si! Esas que xa traballamos hai unhas semanas.
 Igual ca co ritmo, podedes facer as vosas creacións: no voso pentagrama colocades as notas SOL e MI segundo vós queirades e ou cantades ou e se tedes algún instrumento na casa con esas dúas notas, pois a tocar!

Coma no exercizo anterior, déixovos a partitura:


Moitas apertas a todas e todos, e que a música vos acompañe!!

luns, 20 de abril de 2020

3º e 4º de Primaria




Ola rapazada!!

Despois dun mes de corentena, moitos de vós me enviastes instrumentos feitos con materiais de refugallo e... teño que dicir que vos quedaron marabillosos!! Podedes seguir enviándome fotografías das vosas creacións a olallaperez@cpiares.com e en breves partillarei un vídeo cos vosos traballos :)

Este mes levamos o noso diario musical, xogos e repaso de ritmos, dado rítmico, creación de instrumentos... Imos repasar un pouco pero incorporando a frauta. Aqueles que teñades a frauta na escola, non pasa nada!! Seguirei colgando actividades musicais sen frauta.

Recordade que todo o que vos propoño o podedes facer aos poucos e todo o que me queirades enviar, xa sexan grabacións, debuxos, audios, máis instrumentos, ou ideas de actividades que vos apetezan... benvido é!

Ánimo e boa semana!

A QUENTAR!

Spaguettis... Ajú!! Recordades? Pasabamos de ser un spagueti duro a un ben brando.
1º- Tensabamos todo o corpo e puñamos cara de malos malos.
2º- Pouco a pouco imos relaxando de abaixo a arriba movendo en círculos a modiño:
os dedos dos pés, nocellos (tobillos), xeonllos (rodillas), cadeiras, ombreiros (hombros), cabeza (dicir si, dicir non, dicir quizais), brazos (desenroscar bombillas do chan e do teito, mover en círculos cara adiante e atrás), pulso (muñeca), e dedos (imaxinamos que acabamos de lavar as mans e salpicamos con forza).

PREPARADOS...

Recordades como se colle a frauta?? Abofé que si! Por si acaso, nesta imaxe imaxe podedes ver claramente como se colocan as mans (esquerda arriba!) e os dedos que quedan libres. 

Aosopremos na frauta, témolo que facer de xeito suave, sen soprar demasiado forte. Poñemos os beizos arredor da boquilla e sen usar os dentes nin para trabar nin para apoiar.

A lingua vai detrás dos dentes de arriba, e cando sopremos temos que dicir a sílaba “tu” ou “du”.

Nesta nova imaxe de anaprofemusic.blogspot.com tedes as posicións de cada nota. Recordade que tedes que sentir que tapades o burato coa parte máis gordiña dos dedos.

 LISTOS XA!

  • PARA 3º: Repaso SI - LA - SOL: nos silencios recordade o respirar e colocar a seguinte nota.
 
  •  PARA 3º: Canción coas notas SOL - LA - SI: María tenía un corderito, notasdeflauta.com
https://www.youtube.com/watch?v=8O9lDVFjNUw&feature=emb_title

  • PARA 3º E 4º: tirade o dado rítmico e facede o ritmo que vos toque coa frauta, primeiro só cunha nota, e despois se queredes con máis.
  •  PARA 4º: Seguimos con Shreck. Tiñamos mirada a primeira parte. Na segunda, a partir da doble barra, cambiade a nota MI AGUDO polo DO AGUDO.
https://mariajesusmusica.wixsite.com/believer

 Moito ánimo e que a música vos acompañe!!!

20 de abril del 90

Que día é hoxe?? 20 de abril!!! A bailar!!

https://www.youtube.com/watch?v=sMvPN3349og

No ano 1991 estrenouse esta canción do grupo CELTAS CORTOS. A carta que cantan comeza coa data de 20 de abril do 90. E diso... van xa 30 anos!

Moitos ánimos e moi boa semana!

Semana santa pola rapazada de 5º!!! - Arts

Recén saído do forno, vos presentamos os "traballos confinados" dos nosos grandes artistas de 5º. Atoparedes dende ovos de Pascua ata coellos feitos co toque especial que teñen estas dúas clases.

Moi bo traballo e seguide así!!



mércores, 15 de abril de 2020

Ritmo a tope - 4º Primaria

Ola a todas e todos!

Antes de Semana Santa envieivos un exemplo de "Diario musical". Podédelo seguir facendo un par de semanas máis, e cando o teñades avanzado, enviádesme unha foto ao meu correo electrónico do voso traballo.

Para esta semana propóñovos retomar o ritmo... con un chisco de movemento. Podedes facer os exercizos que vós queirades, eu aquí vos propoño uns que van de sinxelo a difícil tal e como fariamos na clase.

Actividade de quecemento: no primeiro enlace atoparedes exercizos de lectura de ritmo con negras e corcheas (que lles chamamos Ta e titi) e no segundo se introduce a branca (está en inglés e lle chaman To-e, nos lle seguimos chamando Ta-a).

RETO 1: collede unha canción que vos guste moito que teñades escrita no voso diario. Acompañádea empregando percusións corporais. Recórdovos que as que máis empregamos son pés, palmas en xeonllos, palmas e chasquidos. Practicádeo, buscade que ritmos quedan mellor e cales son as percusións que pegan máis en cada parte. Se hai unha parte piano (volume baixo), mellor empregar chasquidos que palmas. Se vos animades, podédesme enviar un vídeo coa vosa interpretación!

RETO 2: Mirade o seguinte vídeo:
Probade a facelo con alguén da vosa casa. Se tedes irmáns podédelo facer con eles (se son pequenos, facédeo nivel moi sinxelo; se son grandes, dádelle certa dificultade). Podedes inventar as secuencias rítmicas que vós queirades, non teñen por que ser esas mesmas. Podedes usar folios de cores, cartulinas, paños de cociña... o que teñades a man. Creatividade ao máximo!

Que teñades moi boa semana e... que a música vos acompañe!!






martes, 14 de abril de 2020

A tranquilidade - 1º e 2º de EP

😍VEMOS E SENTIMOS

Despois de traballar o AMOR, esta semana imos seguir con outra emoción. Mirade a seguinte imaxe, un cadro do pintor Leonardo da Vinci titulado La dama del armiño:

 
  •  Que vemos? Descríbeo coas túas palabras.
  • Que é o que máis te chama a atención?
  • Que sensación che da?
Posibles respostas poderían ser:
  • Vemos unha muller nova, cun vestido de estilo medieval (coma a das feiras medievais) que sostén un animal. Ese animal chámase "armiño", e é un dos carnívoros máis pequenos do mundo.
  • Chámame a atención a súa posición relaxada e tranquila, e a facilidade coa que colle á súa mascota.
  •  Tranquilidade.
Despois de contestar a estas preguntas, a sensación que imos traballar é a TRANQUILIDADE.


🔉POÑEMOS A ORELLA

Agora, escoitamos e vemos atentamente este vídeo (fixádevos en que instrumentos aparecen):

https://www.youtube.com/watch?v=tYT9ZbDug-g

Sóavos? É unha obra que escoitamos na clase e tiña algo que ver cos animais... Si! Acertastes! É O acuario, do músico e compositor  francés Camille Saint-Saëns. Este compositor escribiu "O carnaval dos animais" e nesa obra intenta imitar sons de diferentes animais. O señor Saint-Saëns era este:

 

🎵REPASAMOS E REFLEXIONAMOS

Agora quero que escoitedes de novo a obra, pero seguindo o musicograma de J.H. Freixinós como fixemos na clase. Atentos e a disfrutar!



Recoñecedes algunha figura musical? Fixádevos, ao comezo está algo escondida a clave de sol, e as liñas azuis do acuario nos recordan ao pentagrama... Mais este non é un pentagrama, porque ten 6 liñas! Cantas liñas ten o pentagrama? Moi ben!! 5 liñas! E cantos espazos? 4!!

👌 RETO ARTÍSTICO

Xa escoitastes un par de veces a obra e seguimos o musicograma. O reto desta semana é:
Atrevédesvos a facer o voso musicograma?
Como o podedes facer?
  • Cun folio en sucio, ides debuxando segundo vaia soando a música. Podedes facer cada nota un puntiño.
  • Comezade poñendo a clave de sol e debuxando un pentagrama como si foran ondas do mar.
  • Hai partes que se repiten, para no volver a debuxalas, poñede os dous puntiños(como os meus que son vermellos).
  • Podedes usar outros debuxos, non só peixes: caracolas, estrelas de mar, medusas...
  • Fixádevos que hai notas máis agudas e máis graves, intendade debuxalas segundo vaian subindo ou baixando.
O meu musicograma quedou así:



 😲 A CANTARES!

Déixovos a letra que inventei para a primeira parte da canción para que tamén practiquedes o cantar un pouquiño.

Son un peixe no mar,
e me gusta nadar.
Vou nadando e cantando
no fondo do mar.


Recordade que me podedes enviar os vosos traballos (instrumentos de refugallo, pentagrama e clave de sol, teclado...) ao correo que vos puxen nos pdf da web do colexio.





Saint Patrick's Day - 5th grade - Arts

Vídeo dos traballos enviados polo alumnado de 5º de Arts para conmemorar o día de San Patricio.

A nosa nova aula de música!

Bos días a todas e todos!

Douvos a benvida ao novo blog de música da nosa escola CPI As Mirandas!😍

Para o deseño e creación desta páxina, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou activamente enviando logos, títulos coma imaxes creadas a man ou con aplicacións web. Foi difícil facer unha escolma de todo o que recibín, posto que o nivel de creación foi ben alto!

Finalmente, os traballos selecionados foron:
  • Título do blog: "MusicAres", ideado por dous alumnos de 6º, Ana e Eliseo.
  • Logo: "Musical Blog Ares", creado por Adrián, alumno de 5º.
  • Fondo do blog: "Música", creado por Aroa, alumna de 5º.
Noraboa polo voso traballo e agardo que vos guste como quedou deseñado!

Agardo que as vosas familias e mais vós esteades ben, e... comezamos a traballar!