mércores, 15 de abril de 2020

Ritmo a tope - 4º Primaria

Ola a todas e todos!

Antes de Semana Santa envieivos un exemplo de "Diario musical". Podédelo seguir facendo un par de semanas máis, e cando o teñades avanzado, enviádesme unha foto ao meu correo electrónico do voso traballo.

Para esta semana propóñovos retomar o ritmo... con un chisco de movemento. Podedes facer os exercizos que vós queirades, eu aquí vos propoño uns que van de sinxelo a difícil tal e como fariamos na clase.

Actividade de quecemento: no primeiro enlace atoparedes exercizos de lectura de ritmo con negras e corcheas (que lles chamamos Ta e titi) e no segundo se introduce a branca (está en inglés e lle chaman To-e, nos lle seguimos chamando Ta-a).

RETO 1: collede unha canción que vos guste moito que teñades escrita no voso diario. Acompañádea empregando percusións corporais. Recórdovos que as que máis empregamos son pés, palmas en xeonllos, palmas e chasquidos. Practicádeo, buscade que ritmos quedan mellor e cales son as percusións que pegan máis en cada parte. Se hai unha parte piano (volume baixo), mellor empregar chasquidos que palmas. Se vos animades, podédesme enviar un vídeo coa vosa interpretación!

RETO 2: Mirade o seguinte vídeo:
Probade a facelo con alguén da vosa casa. Se tedes irmáns podédelo facer con eles (se son pequenos, facédeo nivel moi sinxelo; se son grandes, dádelle certa dificultade). Podedes inventar as secuencias rítmicas que vós queirades, non teñen por que ser esas mesmas. Podedes usar folios de cores, cartulinas, paños de cociña... o que teñades a man. Creatividade ao máximo!

Que teñades moi boa semana e... que a música vos acompañe!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario