luns, 20 de abril de 2020

3º e 4º de Primaria




Ola rapazada!!

Despois dun mes de corentena, moitos de vós me enviastes instrumentos feitos con materiais de refugallo e... teño que dicir que vos quedaron marabillosos!! Podedes seguir enviándome fotografías das vosas creacións a olallaperez@cpiares.com e en breves partillarei un vídeo cos vosos traballos :)

Este mes levamos o noso diario musical, xogos e repaso de ritmos, dado rítmico, creación de instrumentos... Imos repasar un pouco pero incorporando a frauta. Aqueles que teñades a frauta na escola, non pasa nada!! Seguirei colgando actividades musicais sen frauta.

Recordade que todo o que vos propoño o podedes facer aos poucos e todo o que me queirades enviar, xa sexan grabacións, debuxos, audios, máis instrumentos, ou ideas de actividades que vos apetezan... benvido é!

Ánimo e boa semana!

A QUENTAR!

Spaguettis... Ajú!! Recordades? Pasabamos de ser un spagueti duro a un ben brando.
1º- Tensabamos todo o corpo e puñamos cara de malos malos.
2º- Pouco a pouco imos relaxando de abaixo a arriba movendo en círculos a modiño:
os dedos dos pés, nocellos (tobillos), xeonllos (rodillas), cadeiras, ombreiros (hombros), cabeza (dicir si, dicir non, dicir quizais), brazos (desenroscar bombillas do chan e do teito, mover en círculos cara adiante e atrás), pulso (muñeca), e dedos (imaxinamos que acabamos de lavar as mans e salpicamos con forza).

PREPARADOS...

Recordades como se colle a frauta?? Abofé que si! Por si acaso, nesta imaxe imaxe podedes ver claramente como se colocan as mans (esquerda arriba!) e os dedos que quedan libres. 

Aosopremos na frauta, témolo que facer de xeito suave, sen soprar demasiado forte. Poñemos os beizos arredor da boquilla e sen usar os dentes nin para trabar nin para apoiar.

A lingua vai detrás dos dentes de arriba, e cando sopremos temos que dicir a sílaba “tu” ou “du”.

Nesta nova imaxe de anaprofemusic.blogspot.com tedes as posicións de cada nota. Recordade que tedes que sentir que tapades o burato coa parte máis gordiña dos dedos.

 LISTOS XA!

  • PARA 3º: Repaso SI - LA - SOL: nos silencios recordade o respirar e colocar a seguinte nota.
 
  •  PARA 3º: Canción coas notas SOL - LA - SI: María tenía un corderito, notasdeflauta.com
https://www.youtube.com/watch?v=8O9lDVFjNUw&feature=emb_title

  • PARA 3º E 4º: tirade o dado rítmico e facede o ritmo que vos toque coa frauta, primeiro só cunha nota, e despois se queredes con máis.
  •  PARA 4º: Seguimos con Shreck. Tiñamos mirada a primeira parte. Na segunda, a partir da doble barra, cambiade a nota MI AGUDO polo DO AGUDO.
https://mariajesusmusica.wixsite.com/believer

 Moito ánimo e que a música vos acompañe!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario