Despois de traballar o AMOR, esta semana imos seguir con outra emoción. Mirade a seguinte imaxe, un cadro do pintor Leonardo da Vinci titulado La dama del armiño:
- Que vemos? Descríbeo coas túas palabras.
- Que é o que máis te chama a atención?
- Que sensación che da?
- Vemos unha muller nova, cun vestido de estilo medieval (coma a das feiras medievais) que sostén un animal. Ese animal chámase "armiño", e é un dos carnívoros máis pequenos do mundo.
- Chámame a atención a súa posición relaxada e tranquila, e a facilidade coa que colle á súa mascota.
- Tranquilidade.

Agora, escoitamos e vemos atentamente este vídeo (fixádevos en que instrumentos aparecen):
https://www.youtube.com/watch?v=tYT9ZbDug-g
Sóavos? É unha obra que escoitamos na clase e tiña algo que ver cos animais... Si! Acertastes! É O acuario, do músico e compositor francés Camille Saint-Saëns. Este compositor escribiu "O carnaval dos animais" e nesa obra intenta imitar sons de diferentes animais. O señor Saint-Saëns era este:
🎵REPASAMOS E REFLEXIONAMOS
Agora quero que escoitedes de novo a obra, pero seguindo o musicograma de J.H. Freixinós como fixemos na clase. Atentos e a disfrutar!
Recoñecedes algunha figura musical? Fixádevos, ao comezo está algo escondida a clave de sol, e as liñas azuis do acuario nos recordan ao pentagrama... Mais este non é un pentagrama, porque ten 6 liñas! Cantas liñas ten o pentagrama? Moi ben!! 5 liñas! E cantos espazos? 4!!
👌 RETO ARTÍSTICO
Xa escoitastes un par de veces a obra e seguimos o musicograma. O reto desta semana é:
Atrevédesvos a facer o voso musicograma?
Como o podedes facer?- Cun folio en sucio, ides debuxando segundo vaia soando a música. Podedes facer cada nota un puntiño.
- Comezade poñendo a clave de sol e debuxando un pentagrama como si foran ondas do mar.
- Hai partes que se repiten, para no volver a debuxalas, poñede os dous puntiños(como os meus que son vermellos).
- Podedes usar outros debuxos, non só peixes: caracolas, estrelas de mar, medusas...
- Fixádevos que hai notas máis agudas e máis graves, intendade debuxalas segundo vaian subindo ou baixando.

😲 A CANTARES!
Déixovos a letra que inventei para a primeira parte da canción para que tamén practiquedes o cantar un pouquiño.
Son un peixe no mar,
e me gusta nadar.
Vou nadando e cantando
no fondo do mar.
Recordade que me podedes enviar os vosos traballos (instrumentos de refugallo, pentagrama e clave de sol, teclado...) ao correo que vos puxen nos pdf da web do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario