mércores, 27 de maio de 2020

Música coronavírica!!!

Comezamos a partillar unha serie de pezas ás que o alumnado de 5º lle puxo letra, cantou e bailou.

A primeira é: YO CONTIGO, TU CONMIGO, versión de MANU RIVEIROS (letra e voz!!) sobre o tema famoso de Álvaro Soler. A letra está xusto debaixo do vídeo. Xa veredes que pegadiza é esta fabulosa letra!!

 
 ¿Por qué por qué por qué?
Yo me siento raro y no sé porque
Necesito salir no aguanto ya mas así
siento siento siento
que no hago nada y pasa el tiempo
que el mundo ahora paro

Y aunque ahora no pueda salir
Cuando acabe todo esto
Nos encontraremos otra vez
viviremos nuevos sueños
yo contigo tu conmigo
y haremos todo esto cuando vayamos a salir
vamos a pasarlo mejor
yo contigo tu conmigo

Gon gon goro gon gon
Que va a ser mi gon gon goro gon
Gon gon goro gon gon
Que va ser mi gon gon goro gon gon
¿Por qué por qué por qué?
aguantaremos hasta dentro mes
somos fuertes lo se yo lo demostrare
siento siento siento
que yo no hago nada y pasa el tiempo
que el mundo ahora paro
 

Y aunque ahora no pueda salir
cuando acabe todo esto
nos encontraremos otra vez
viviremos nuevos sueños
yo contigo tu conmigo
y haremos todo esto cuando vayamos a salir
vamos a pasarlo mejor
yo contigo tu conmigo

Gon gon goro gon gon
que va ser mi gon gon goro gon gon
gon gon goro gon gon
que va ser mi gon gon goro gon gon

Contra el virus
nuestra lucha se que se gana lo presiento
contra el virus las calles no habrá quien nos venza
contra el virus el virus oh

martes, 26 de maio de 2020

1º e 2º EP - Semana do 25 de maio

Ola miñas pequechas e pequechos!!

Que alegría que parece que chegou o verán!! Xa nunhas semanas rematamos a escola e comezamos as vacacións! Ahí vai a proposta da semana:

👂PON A ORELLA!

Imos facer coma na clase: escoitamos uns sons e temos que escoller cales son. Escoitade cada vídeo dúas veces mentres mirades as seguintes imaxes. Recordade, se tedes dúbidas, escoitade varias veces ata que esteades seguras/os da vosa respostas. Anotádeo nun papel e, se podedes, enviádeme unha foto.
 Podedes escribir as respostas do seguinte xeito:
Serie1: é a imaxe A
Serie 2: é a imaxe B....

SERIE 1:

















Cal destas dúas imaxes é a correcta?


              Imaxe A                                                                               Imaxe B


 SERIE 2:


Cal destas dúas imaxes é a correcta?













       Imaxe A                                                                                                             Imaxe B
    
  SERIE 3 : 

Cal destas dúas imaxes é a correcta?

 









           Imaxe A                                                                                                         Imaxe B



💪XOGO DE REPASO!

Aquí tedes un Kahoot de cinco preguntas para repasar un pouco o que levamos feito. Non ten tempo límite, así podedes ler con calma as respostas (ollo que hai algunhas un pouco trampulleiras). Agardo que vos guste!

Kahoot repaso

😎MOMENTO DE RELAX

Despois de estar tan concentrados... podémonos deitar no chan ou na cama e escoitar tranquilamente a obra do Aquarium...

Aquarium Saint Säens 

Quero tamén partillar convosco un par de musicogramas que me enviaron dous alumnos de primeiro cos que se pode apreciar o bos artistas que son. Se queredes podédesme seguir enviando algún musicograma imitando o que fixen eu. Déixovos o enlace do blog por se vos animades a facer este reto musical.

Musicograma Saint-Säens

E aquí están os traballos de Xoel e Ángel de 1º!! Parabéns polo voso traballo!






 Descansade e disfrutade da semana!

 

luns, 25 de maio de 2020

3º e 4º de EP - Semana do 25 de maio

Ola rapazada!!

Que tal estades?? Estou recibindo composicións moi interesantes, e gustaríame partillalas convosco.

📯 A TOCAR!!

Podedes seguir enviándome algunha composición máis, acordádevos de intentar poñerlle algún títulos chulo... como os que ides ver agora. Para esta semana tedes que ir tocando as composicións seguintes, e cando me escribades, gustaríame que me comentasedes cales vos gustaron máis e por que.














Como vedes, estas composicións están superben: cun par de ritmos, collemos unhas notas e facemos a nosa música propia :) Xa sodes.... COMPOSITORES!!!
 (Irei incorporando máis segundo me vaiades enviando).

As composicións que vedes son de Noa, Laura, Carla, Job, Jorge, José Miguel, Khadija, Sara ,Unai, David Barreiro, David López, Iván e Mateo Mella. BO traballo a todas e todos!! 

 👀 REPASAMOS... XOGANDO!

Déixovos un par de Kahoots para que repasedes un pouco xogando. Gustaríame que poñerades o voso nome e o curso cando vos pregunta un NICKNAME, así podo ver o ben que o facedes.

https://kahoot.it/challenge/09061302?challenge-id=b32b0f3c-f86e-4b0f-923b-ec5da6795a51_1590409406785

https://kahoot.it/challenge/09872841?challenge-id=b32b0f3c-f86e-4b0f-923b-ec5da6795a51_1590410289984


Así que para esta semana, facede os Kahoots cando poidades e seguide tocando un chisco. Podédesme enviar as vosas composicións, audios e vídeos cando queirades.

Moitos saúdos... e que a música vos acompañe!!!

martes, 19 de maio de 2020

1º e 2º - Semana do 18 de maio

Ola rapazada!!!

Seguimos esta semana traballando o lento e rápido, pero dun xeito que faciamos na aula de música:  

MOVÉNDONOS!!!


PRIMER AUDIO: traballamos o leeeeeento. Recordade, levade o paso moi lento, seguindo o que fai o instrumento como se foramos un elefaaaaaaaannnnte.


SEGUNDO AUDIO: agora preparádevos a andar sobre os punteiros (ir de puntillas) e rápido! Como se foramos formiguiñas! Pasos pequeniños pero moi rápidos!

 
 TERCEIRO AUDIO: As estatuas musicais. Acordádesvos deste xogo? Cando soa o instrumento nos movemos intentado seguir o pulso. Pode ser ás veces máis rápido, e outras máis lento. E recordade, cando a música pare, tedes que quedar quedos coma estatuas!


Que tal vos foi? Seguro que moi ben, este xogo o temos controlado!

TAREFAS DA SEMANA
  •  Pregunta: que instrumento está a soar nos vídeos anteriores??? 
  •  Reto de interpretación: atrevédesvos a facer un par de audios coma min? Un que sexa moi rápido, un que sexa mooooooiii leeeento. Podedes usar as palmas, os instrumentos de refugallo que fixestes ou, se tedes algún instrumento que toquedes, un exemplo con el!!

Podédesme enviar a resposta e os vosos audios a olallaperez@cpiares.com . Recordade que non pasa nada por se algunha semana non vos da tempo a entregar algo, con que sigades escoitando música, tocando o que teñades á man e bailando, chega. Espero que esteades moi ben e... que a música vos acompañe!!! 





Día de Europa

Dende a aula de Arts de 5º e English, quixemos celebrar o día de Europa (9 de maio) con composicións e manualidades do máis variopinto.

Ahí van os resultados!! Esperamos que vos guste e disfrutedes cos traballos tan chulos da rapazada de 4º, 5º e 6º.

https://www.youtube.com/watch?v=AdIg1q7PLxA&feature=youtu.be

Por se queredes ver tamén cada diapositiva, poño o enlace do blog do equipo Erasmus:

https://erasmusplusasmirandas.blogspot.com/

Saúdos, e boa semana!!!

luns, 18 de maio de 2020

3º e 4º de EP - Semana do 18 de maio

Ola rapazada!!!

Hoxe vos adxunto un par de vídeos de frauta e exercicios de creación de composicións. Se por calquera circunstancia esta semana non podedes enviar algo, non vos preocupedes, de aquí a final de curso faremos un repaso xeral de todo o que vimos na primeira e segunda avaliación.

 FRAUTA

 A posición: neste vídeo vos explico como nos temos que colocar para tocar, intentando evitar as tensións.


As notas:


Os ritmos: déixovos unha táboa con diferentes ritmos por se queredes practicar cada nota cun deles. Acordádevos que, cando escribimos soamente o ritmo, sen notas (do, re mi...) non temos por que poñer a cabeza da nota (agás coa branca), con poñer a plica e o corchete está xenial.

COMPOÑEMOS CON RITMOS E NOTAS

Quero que escollades o primeiro ritmo da táboa anterior (titi titi ta ta). Agora escolledes unha nota do pentagrama (eu vou escoller SOL). Agora tedes que escribir o ritmo con esa nota. Póñovos varios  exemplos:

Fíxadevos:

- en 1) uso a nota sol e o primeiro ritmo da táboa.
- en 2) uso o segundo ritmo (arriba no medio) coa nota si.
- en 3) collo o terceiro ritmo e o escribo sobre a nota la.
-  xa por último, o último ritmo é igual co primeiro, pero me puxen creativa e cambieille as notas.

Recordade:
- a clave de sol é como escribir maiúscula ao comezo das frases, é obligatoria ao comezar tódolos pentagramas.
- para separar os ritmos, podedes separar con esa doble barra (as dúas liñas) que vanda primeira á quinta liña (coma a miña) ou soamente con unha liña.

ACTIVIDADES DA SEMANA

  • Vixilar a postura e posición ao tocar á frauta. Podedes mirarvos nos espello para practicar sen axuda.
  • Practicar as diferentes notas cos ritmos que de arriba. Quen teña o dado rítmico doutras semanas, pode usalo en vez do de arriba. 
  • A compoñer!
Para os que teñen frauta: Os ritmos da táboa de arriba os tedes que usar para compoñer algo coas notas si-la-sol. Poden ser moi sinxelos (dunha nota) ou máis complexos (de varias). Déixovos liberdade para que escribades todo o que querades. Intentade despois de escribir cada anaco, tocalo coa frauta.
Enviádeme unha foto das vosas composicións para así írvolas correxindo. Se tamén queredes gravar como as interpretades na frauta, benvido será! (opcional).

Para os que non teñan frauta na casa: practicade os ritmos da táboa con palmas ou cun lapis (se tedes un instrumento de refugallo tamén serve!). Cando o teñades controlado, inventade partituras rítmicas diferentes ás que aparecen arriba. Enviádeme unha foto das vosas composicións. Se queredes tamén me podedes enviar audios ou vídeos coa interpretación das vosas creacións (opcional).

Tamén lle podedes poñer un título á vosa composición, como... "Día confinado", "Non choveu que non escampara", "A xogar!!!"... O que vos queirades :)

Que teñades moi boa semana e... que a música vos acompañe!!!

 

martes, 12 de maio de 2020

Actividades 1º e 2º de EP - Semana do 12 de maio

Ola a todas e todos!!

Que tal estades?? Seguro que moi ben! Queríavos felicitar polo traballo que estades facendo na casa e  os resultados están sendo moi bos. Se aínda non me enviastes nada, podedes enviarmo esta semana. E grazas tamén ás nais e pais por axudarvos a ler este blog e irvos lendo cada un dos posts que vou colgando. Vin que para enviar vídeos ás veces é un pouco lioso polo tema do que pesa (o tamaño en MB). Podédesmos compartir por drive, ou se non podedes polo que sexa, enviádeme un audio e as fotos do que vaian facendo e xa está. Todo iso ao correo de sempre, olallaperez@cpiares.com

Para esta semana propoño unha actividade tamén de escoita, pero de escoita de obras musicais.

👂 A ESCOITAR!

Escoitade nun lugar tranquilo estas dúas obras. 

Collede lapis e papel e contestade ás seguintes preguntas (non fai faia que escribades a pregunta, con poñer o número e logo a resposta xa está).

1) Cal das dúas obras vai máis rápido? Cal máis lento?
2) Que obra dura máis, a das Tartarugas ou a do CanCan?
3) No Can Can, cal é o instrumento que chama a atención sobre o resto da orquestra? (pista: témolo na aula, e se ve moi ben no vídeo).
4) Das dúas obras, cal nos pode servir para relaxarse?
5) Cal das pezas nos pode servir para activarnos e poñernos a bailar?

6) Que peza che gusta máis? Por que? 


Moi ben! Fixádevos agora: estas dúas obras comparten melodía. No Can Can, no segundo 00.40 é cando comeza e se escoita moi claramente. É o momento máis coñecido desta obra, e se vos fixades a xente se pon a acompañar con palmas!

Offenbach foi un compositor francés anterior a Saint Saens. E este último era un pouco miñaxoia ou pícaro e ás veces parodiaba (imitaba de xeito burlesco) as pezas musicais doutros compositores.

Neste caso, colleu o Can Can que escoitamos e o reescribe.  Nel (na Tartaruga) os instrumentos de corda interpretan o Can Can de Offenbach a unha velocidade taaaan tan lenta que resulta incluso un pouco difícil descubrir a melodía orixinal.Os pianos tamén acompañan moi piano (ou con pouco volume).

🎍 A DEBUXAR!
 
A seguinte actividade sería coller un folio e dividilo á metade. Nunha metade debuxades o que vos transmita o Can Can de Offenbach, e na outra metade o mesmo pero coa Tartaruga.

Que teñades moi boa semana.... e que a música vos acompañe!!

luns, 11 de maio de 2020

Actividades 3º e 4º de EP - Semana 11 de maio

Ola rapazada!

Quérovos felicitar polo traballo que estades a realizar na casa. A asignatura de música ten a dificultade de ser complexa de dar a través do ordenador... mais o estades a facer moi ben! E grazas ás vosas nais e pais, que vos axudan en envían o voso traballo a través do seu email. Grazas a todos e todas!! Espero tamén que comecedes esta Fase 1 con alegría e sentidiño, e agardo vervos pronto paseando por Ares.

🎺A TOCAR!

As actividades de frauta están moi moi ben! Despois de visualizar os vídeos que me enviastes, quero recordarvos tres cousas:
- Intentade tocar máis relaxados: mantede unha posición recta (tanto sentados como de pé), non subades os ombreiros e colocade os dedos sen apretar e coa parte carnosa.
- Soprade suaviño, non hai que tocar moi forte... Iso vai facer que soen os famosos pitidos.
- É mellor comezar moi lento e pouco a pouco ir subindo a velocidade. Así afinanzamos o que imos ensaiando.

Podedes comezar a tocar facendo improvisacións ou escribindo a partitura e tocándoa. Póñovos un exemplo que me enviou unha compañeira:


  •  Actividade para 3º: inventar coas notas SOL - LA - SI e con brancas, negras e silencio de negra unha pequena melodía. Pode durar o que vós queirades. Enviádeme un vídeo e a partitura (ou, se vos é moi complicado, un audio e a partitura). 
Podedes facer esta creación de dúas formas diferentes:
  1. Improvisando e logo anotando o que tocastes.
  2. Facendo ou buscando un ritmo que vos gustes. Poñerlle notas ao ritmo e probar a ver como soa.
  •  Actividade para 4º: a peza de Shreck que comezamos na segunda avaliación cada vez vos soa mellor. Imos darlle unha semana de descanso e así a retomaremos con máis alegría e ganas. O que quero que fagades e que fagades a vosa creación, igual que o alumnado de 3º, pero incluíndo a nota Do' agudo e a nota fa. Enviádeme un vídeo e a partitura (ou, se vos é moi complicado, un audio e a partitura). Póñovos un exemplo:



 🔉PON A ORELLA! 

Para 4º: repasamos a clasificación de voces e tedes que adiviñar que tipo de voz é a de Little Richard. Escribídemo no email que me enviedes coa actividade anterior.

Para 3º: escoitade as tres pezas seguintes e quero que me digades cal é a que máis vos gusta e o por que. Tratade de evitar contestar "por que si", quero que intentedes xustificar a vosa resposta cunha frase un pouco máis longa. Escribídemo no email que me enviedes coa actividade anterior.

Imos seguir coas voces. Repasámolas:




A orde da máis aguda á máis grave é:  SOPRANO - MEZZOSOPRANO - CONTRALTO - TENOR - BARÍTONO E BAIXO.
As voces de muller sempre van ser máis agudas cas dos homes. Déixovos máis exemplos para que os escoitedes.

- Aria da raíña da Noite, A frauta máxica de Mozart: fixádevos o superagudo ao que chega a cantante. Sen dúbida algunha, a súa voz é de SOPRANO.
https://www.youtube.com/watch?v=rxGy83aipbY

- Erbarme Dich, de J.S.Bach: esta peza comeza cun solo de violín (destaca o violín sobre a orquestra) e a cantante collerá o testigo do violín no minuto 1:20. Hei de dicir que é unha das melodías máis fermosas da historia da música. Fixádevos que a voz da muller é moito máis grave ca da anterior peza. É, polo tanto, CONTRALTO.

Cando non sabemos ben se é contralto ou soprano (as voces extremas), podemos non arriscarnos e dicir MEZZOSOPRANO. O mesmo podemos facer coas voces de home.

Xa por último, quero rendirlle homenaxe ao músico Little Richard, que faleceu esta fin de semana. É considerado o pioneiro (un dos que comezou) do rock and roll, e me gustaría que intentasedes clasificar a súa voz.

 https://www.youtube.com/watch?time_continue=250&v=LVIttmFAzek&feature=emb_title


Recórdovos que me podedes enviar as tarefas a olallaperez@cpiares.com. Tedes unha semana para enviarmas. Se vos retrasades un pouco non pasa nada, mais recoméndovos que intentedes levar o traballo ao día.

Espero que esteades moi ben todos, que disfrutedes da semana e... que a música vos acompañe!!!

venres, 8 de maio de 2020

Radio Picariña - Educación Infantil

Ola a todas e todos!

Quero partillar con todos vós unha radio específica para os máis pequenos da casa: Radio Picariña. Con ela poderedes escoitar un amplo repertorio de cancións na nosa lingua e cunha calidade moi boa, tanto de son como de grupos.

http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina

Boa fin de semana e que a música vos acompañe!!

xoves, 7 de maio de 2020

A novena sinfonía de Ludwig van Beethoven

Un día coma hoxe mais no ano 1824 (van facer dous séculos dentro de catro anos!) se estreaba a Novena Sinfonía do compositor Ludwig van Beethoven.

O compositor desta obra tardou varios anos en compoñer e rematar esta obra. O impresionante é que a escribiu cando xa estaba totalmente xordo... Imaxinádevos o que pode supoñer para un músico perder a audición... Mais non se rendiu e é todo un exemplo de superación.

Esta novena sinfonía é tamén chamada "Coral". Beethoven foi un compositor que innovaba moito, e as obras chamadas sinfonías ata esa época nunca levaron voces.

A melodía da "Oda á alegría" que aparece no cuarto movemento é na actualidade o Himno do noso continente, Europa.

E falando de Europa... Este sábado é o Día de Europa!!

Déixovos un enlace para que poidades disfrutar desta marabillosa e impresionante obra.

https://www.youtube.com/watch?v=7rzn_nAF59I  A partir do minuto 3:30 comeza a mencionada melodía do Himno da Alegría.

Que teñades boa semana... e que a música vos acompañe!!

martes, 5 de maio de 2020

As voces humanas - 4º EP

Hoxe imos traballar sobre os diferentes tipos de voces que hai.

𝄇 A REPASAR!

A clasificación máis elemental é a de:
  • voces brancas: de nenos e nenas
  • voces masculinas
  • voces femininas
Estas dúas últimas, as masculinas e femininas, se poden clasificar segundo sexan agudas, medias ou graves:

 👂PON A ORELLA!


Coa canción Hallelujah da Banda Sonora de Shreck, quero que escoitedes un minuto aproximadamente de cada audición.

Leonard Cohen:https://www.youtube.com/watch?v=YrLk4vdY28Q
Helen Fisher: https://www.youtube.com/watch?v=I234Q56Ra9w
Jeff Buckley:  https://www.youtube.com/results?search_query=hallelujah  a partir do minuto 1:20

 Agora clasificade as voces de agudo a grave nun folio.

Actividade de ampliación (optativa): buscade algúns cantantes que vos gusten e clasificade a súa voz.

QUENTAMENTO RÍTMICO...

Collemos o dado rítmico. No caso de non telo, inventade un ritmo. Usade brancas, negras e corcheas. Primeiro palmeade e despois colledes a frauta doce e tocades ese ritmo con diferentes notas. 


... E UN POUCO DE FRAUTA.

Seguide repasando a canción de frauta. podedes mirar no blog como quentar, exercizos de respiración e a canción de Shreck de I'm a believer no post de 3º e 4º do día 20 de abril.

Enviádeme os vosos traballos (a clasificación e a canción de Shreck, o que levedes) ao email olallaperez@cpiares.com Recibirei encantada todo ata o martes que vén.
Saúdos e que a música vos acompañe!!!

Actividades 1º e 2º de Primaria

Ola nenas e nenos!

Ahí van as tarefas desta semana. Podédesmas enviar ata o mércores que vén. En cada actividade explícovos como enviala.

👂PON A ORELLA

Aquí imos escoitar (e ver) un par de vídeos. As respostas aos exercicios copiádeas nun folio e lle sacades unha foto e ma enviades.

  • Dictado rítmico: neste primeiro repasamos os sons longos e curtos. Póñovos dous exemplos.

  • Exercicio 1: Collemos un lapis e un folio para escribir o que se escoita. Preparados/as...


  • Dictado tímbrico: agora imos facer o mesmo, pero con instrumentos musicais. Un vídeo de exemplo:

  • Exercicio 2: no mesmo folio de antes, ides facendo os debuxos dos instrumentos que soan. Acordádevos de poñer o número de orde!

💃CANTAMOS E ... CREAMOS


Para o alumnado de segundo:

Despois de estar tan concentrados, quero que recordemos a peza de Simamaka que tan ben cantastes o día da Paz.

https://www.youtube.com/watch?v=o8Nxcp8maYo

 Despois de ver o vídeo e de recordar o chulo que é, gustaríame que inventedes un novo ritmo cas percusións corporais que vós queirades. Poden ser con chasquidos, palmas, palmas en xeonllos e pés. Se vos atrevedes, podedes intentar usar outra percusión corporal. Probade a facela varias veces, memorizándoa ben, e cando a teñades, gravádesvos e me enviades a vosa creación. Podedes facelo poñendo a música (un anaco, non todo) ou cantando vós mesmos. O que prefirades!

Para o alumnado de primeiro:

Quero que miredes o vídeo seguinte (e recordaredes de clase):

https://www.youtube.com/watch?v=5T8DKWXsCzY

Hai dúas partes na canción: a parte na que cantan os bonecos rosas o "tutuuuuurururu" co "maná maná" do boneco verde; e outra parte na que o boneco verde canta el só improvisando un pouco.

O exercicio é o seguinte: buscade percusións corporais (palmas, chasquidos, pés ou xeonllos) e no maná maná inventade con eles. Pouco a pouco iredes vendo que quedan mellor uns que outros, ídeos memorizando e, cando os teñades escollidos e practicados, enviádeme un pequeno vídeo con ese anaco de canción.

A maiores, podedes poñer as percusións corporais no "maná" e, cando o boneco verde canta, podedes bailar libremente (estilo rockeiro, estilo bailes de salón... o que queirades). Isto último non tedes por que enviarmo.


Moi boa semana e espero que a música vos acompañe!!

Canções para crianças - Educación Infantil

Bom dia aos meninhos da escola!!

Hoxe é o Día Internacional da Língua Portuguesa e dende música vos propoñemos escoitar e danzar algunhas pezas nesa fermosa lingua. Algunhas delas xa as bailamos e cantamos na aula, podédesllas ensinar aos vosos pais!

A janelinha  https://www.youtube.com/watch?v=yeha2kDDuUc

Comezamos tapando a cara coas mans cando di "pecha" e destapamos cando di "abre". O mesmo despois abrindo e pechando brazos, e tamén dando un pequeno brinco cos pés abrindo e pechando.

A janelinha fecha quando está chovendo
A janelinha abre se o sol está aparecendo
Fechou, abriu, fechou abriu fechou (bis) 

O guarda chuva abre quando está chovendo
O guarda chuva fecha se o sol está aparecendo
Abriu, fechou, abriu, fechou, abriu (bis).

Esta canción é para ir intercalando a roda coas palabras que se din na letra (e sinalo en negrita). En vez de roda, tamén podedes bailar libremente!

Caranguejo não é peixe,
Caranguejo peixe é
Caranguejo só é peixe
Na enchente da maré
Palma, palma, palma, / Pé, pé, pé, /
Roda, roda, roda,
/ Caranguejo peixe é
O cravo brigou com a rosa,
Debaixo de uma sacada,
O cravo saiu ferido,
E a rosa despedaçada
O cravo ficou doente,
A rosa foi visitar,
O cravo teve um desmaio,
E a rosa pô-se a chorar

A partires destes enlaces, podedes buscar cos papás outras cancións portuguesas moi pegadizas para meninhos :) 

Que teñades bo día e Feliz Día Internacional da Língua Portuguesa!!!

luns, 4 de maio de 2020

Que a forza vos acompañe!! - 3º EP

Ola rapazada de 3º!

Non sei se o sabedes... pero hoxe é o día de Star Wars!! Unha das frases famosas das películas é “May the Force be with you” (Que a forza che acompañe), e os fans fixeron unha mestura de palabras que acabou en “May the 4th be with you” (Que o 4 de maio che acompañe). E... coa Banda Sonora Orixinal de Star Wars comezamos!

👂 PON A ORELLA
1. Copiade nun papel esta táboa.  (Póñovos un exemplo coa Banda Sonora de Shreck)

 
2. Escoitade os seguintes enlaces, cos dous primeiros minutos chega.

3. Completade a táboa.



🎼A CREAR!

Despois de pensar e reflexionar no que nos fai sentir cada peza, escoitade de novo e escollede unha para acompañala. 
Mais... Como a acompañamos?
Colledes o voso instrumento (ou un lapis ou con palmas ao comezo) e probades a acompañar con ritmos mestres soa a música. Usade ritmos negras, brancas e corcheas, que sexa moi simple, e intentádeo anotar. Con facer un anaquiño chega.



🎹A TOCAR!

Seguide pouco a pouco coas actividades que vos propuxen na entrada “3º e 4º de Primaria do luns 20 de abril”.

Para enviarme os traballos e vídeos, facédeo cun correo que poña en asunto “Nome Apelidos e Curso” a olallaperez@cpiares.com antes do luns que vén. Calquera dúbida que teñades, escribídeme e respondereivos o antes posible.

Moita saúde e... QUE A FORZA VOS ACOMPAÑE!!