martes, 5 de maio de 2020

Actividades 1º e 2º de Primaria

Ola nenas e nenos!

Ahí van as tarefas desta semana. Podédesmas enviar ata o mércores que vén. En cada actividade explícovos como enviala.

👂PON A ORELLA

Aquí imos escoitar (e ver) un par de vídeos. As respostas aos exercicios copiádeas nun folio e lle sacades unha foto e ma enviades.

  • Dictado rítmico: neste primeiro repasamos os sons longos e curtos. Póñovos dous exemplos.

  • Exercicio 1: Collemos un lapis e un folio para escribir o que se escoita. Preparados/as...


  • Dictado tímbrico: agora imos facer o mesmo, pero con instrumentos musicais. Un vídeo de exemplo:

  • Exercicio 2: no mesmo folio de antes, ides facendo os debuxos dos instrumentos que soan. Acordádevos de poñer o número de orde!

💃CANTAMOS E ... CREAMOS


Para o alumnado de segundo:

Despois de estar tan concentrados, quero que recordemos a peza de Simamaka que tan ben cantastes o día da Paz.

https://www.youtube.com/watch?v=o8Nxcp8maYo

 Despois de ver o vídeo e de recordar o chulo que é, gustaríame que inventedes un novo ritmo cas percusións corporais que vós queirades. Poden ser con chasquidos, palmas, palmas en xeonllos e pés. Se vos atrevedes, podedes intentar usar outra percusión corporal. Probade a facela varias veces, memorizándoa ben, e cando a teñades, gravádesvos e me enviades a vosa creación. Podedes facelo poñendo a música (un anaco, non todo) ou cantando vós mesmos. O que prefirades!

Para o alumnado de primeiro:

Quero que miredes o vídeo seguinte (e recordaredes de clase):

https://www.youtube.com/watch?v=5T8DKWXsCzY

Hai dúas partes na canción: a parte na que cantan os bonecos rosas o "tutuuuuurururu" co "maná maná" do boneco verde; e outra parte na que o boneco verde canta el só improvisando un pouco.

O exercicio é o seguinte: buscade percusións corporais (palmas, chasquidos, pés ou xeonllos) e no maná maná inventade con eles. Pouco a pouco iredes vendo que quedan mellor uns que outros, ídeos memorizando e, cando os teñades escollidos e practicados, enviádeme un pequeno vídeo con ese anaco de canción.

A maiores, podedes poñer as percusións corporais no "maná" e, cando o boneco verde canta, podedes bailar libremente (estilo rockeiro, estilo bailes de salón... o que queirades). Isto último non tedes por que enviarmo.


Moi boa semana e espero que a música vos acompañe!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario