luns, 4 de maio de 2020

Que a forza vos acompañe!! - 3º EP

Ola rapazada de 3º!

Non sei se o sabedes... pero hoxe é o día de Star Wars!! Unha das frases famosas das películas é “May the Force be with you” (Que a forza che acompañe), e os fans fixeron unha mestura de palabras que acabou en “May the 4th be with you” (Que o 4 de maio che acompañe). E... coa Banda Sonora Orixinal de Star Wars comezamos!

👂 PON A ORELLA
1. Copiade nun papel esta táboa.  (Póñovos un exemplo coa Banda Sonora de Shreck)

 
2. Escoitade os seguintes enlaces, cos dous primeiros minutos chega.

3. Completade a táboa.



🎼A CREAR!

Despois de pensar e reflexionar no que nos fai sentir cada peza, escoitade de novo e escollede unha para acompañala. 
Mais... Como a acompañamos?
Colledes o voso instrumento (ou un lapis ou con palmas ao comezo) e probades a acompañar con ritmos mestres soa a música. Usade ritmos negras, brancas e corcheas, que sexa moi simple, e intentádeo anotar. Con facer un anaquiño chega.



🎹A TOCAR!

Seguide pouco a pouco coas actividades que vos propuxen na entrada “3º e 4º de Primaria do luns 20 de abril”.

Para enviarme os traballos e vídeos, facédeo cun correo que poña en asunto “Nome Apelidos e Curso” a olallaperez@cpiares.com antes do luns que vén. Calquera dúbida que teñades, escribídeme e respondereivos o antes posible.

Moita saúde e... QUE A FORZA VOS ACOMPAÑE!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario