martes, 19 de maio de 2020

1º e 2º - Semana do 18 de maio

Ola rapazada!!!

Seguimos esta semana traballando o lento e rápido, pero dun xeito que faciamos na aula de música:  

MOVÉNDONOS!!!


PRIMER AUDIO: traballamos o leeeeeento. Recordade, levade o paso moi lento, seguindo o que fai o instrumento como se foramos un elefaaaaaaaannnnte.


SEGUNDO AUDIO: agora preparádevos a andar sobre os punteiros (ir de puntillas) e rápido! Como se foramos formiguiñas! Pasos pequeniños pero moi rápidos!

 
 TERCEIRO AUDIO: As estatuas musicais. Acordádesvos deste xogo? Cando soa o instrumento nos movemos intentado seguir o pulso. Pode ser ás veces máis rápido, e outras máis lento. E recordade, cando a música pare, tedes que quedar quedos coma estatuas!


Que tal vos foi? Seguro que moi ben, este xogo o temos controlado!

TAREFAS DA SEMANA
  •  Pregunta: que instrumento está a soar nos vídeos anteriores??? 
  •  Reto de interpretación: atrevédesvos a facer un par de audios coma min? Un que sexa moi rápido, un que sexa mooooooiii leeeento. Podedes usar as palmas, os instrumentos de refugallo que fixestes ou, se tedes algún instrumento que toquedes, un exemplo con el!!

Podédesme enviar a resposta e os vosos audios a olallaperez@cpiares.com . Recordade que non pasa nada por se algunha semana non vos da tempo a entregar algo, con que sigades escoitando música, tocando o que teñades á man e bailando, chega. Espero que esteades moi ben e... que a música vos acompañe!!! 





Ningún comentario:

Publicar un comentario