mércores, 22 de abril de 2020

1º e 2º de EP

Ola nenas e nenos!!

Xa me estades enviando bastantes traballos que fixestes e, douvos a noraboa, sodes uns miniartistas!

Para esta semana vos propoño varias actividades.Seguimos coas emocións e repasamos a linguaxe musical. Recordade que non as tedes que facer todas de súpeto, podedes ir facéndoas aos poucos. Recórdovos o meu email para que me enviedes todo aquelo que queirades.


😍VEMOS E SENTIMOS

A todos nós nos pasa de enfadarnos ás veces, non si? Para esta semana déixovos unha imaxe e unha peza musical dunha obra chamada Romeo y Julieta, do compositor ruso Sergei Prokofiev (si! o mesmo que o de Pedro y el lobo!). (Imaxe do Proyecto emocionario da auladeelena.com).

  •  Que personaxes aparecen na imaxe?
  • Que acontece? Como mira a personaxe da esquerda ao da dereita?
  • Que transmite a cara de cada personaxe? 
  • Como pensas que reacionará a personaxe da esquerda? Por que?
  • Algunha vez te sentiches así? Como reaccionaches?

E agora... a música! Damas e cabaleiros... A Danza dos cabaleiros de Prokofiev. Escoitádea primeiro sen mirar, e contestade:
  • Que sensación vos da? Como vos sentides escoitando esta obra?
  • Recoñecedes algún instrumento? Cal ou cales?
https://www.youtube.com/watch?v=Z_hOR50u7ek

👌 RETO ARTÍSTICO
 
Facede un debuxo sobre a obra intentado transmitir no debuxo o que sentides ao escoitala.

🔔A TOCAR! Un pouco de ritmo

Envíovos un vídeo no que vos explico como ler ritmos. Isto o faciamos na aula, mais era eu a que facía o ritmo e vos repetiades. No vídeo eu fago de "alumna" e o ordenador de mestre :)

Podedes usar tanto as sílabas rítmicas, como os instrumentos que creastes ao longo destas semanas.



Déixovos tamén a foto dos ritmos. Igualmente, podedes inventar os vosos propios ritmos e tocalos. E se vos animades, enviádeme as vosas creacións!!


😲E A CANTARES!

 Déixovos outro vídeo no que traballamos as notas SOL  e MI. Si! Esas que xa traballamos hai unhas semanas.
 Igual ca co ritmo, podedes facer as vosas creacións: no voso pentagrama colocades as notas SOL e MI segundo vós queirades e ou cantades ou e se tedes algún instrumento na casa con esas dúas notas, pois a tocar!

Coma no exercizo anterior, déixovos a partitura:


Moitas apertas a todas e todos, e que a música vos acompañe!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario